Terán o prazo dun mes para cumprir con ditas obrigas e manter en boas condicións estes espazos
Burela, 22 de xullo de 2022.- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, vén de emitir un bando para lembrar ás persoas propietarias de parcelas e fincas a obriga de manter limpos estes espazos, xestionar correctamente a biomasa vexetal e retirar especies arbóreas prohibidas para a prevención e defensa contra os incendios.
No bando especifícase que todos os propietarios de terreos clasificados como solo urbano ou urbanizable sitas no termo municipal do Concello de Burela deberán executar na totalidade da superficie referida os traballos de roza que sexan precisos, limpar e eliminar residuos nas debidas condicións de hixiene, salubridade e seguridade, que xestionen a biomasa vexetal e que se corten e retiren as árbores que podan supoñer un perigo no relativo aos incendios forestais.
Tamén entrarían dentro da obriga aquelas persoas físicas ou xurídicas de parcelas ou fincas que teñan a consideración de monte ou terreo forestal, ou ben que estean situadas nas zonas de influencia forestal. Ademais do anteriormente exposto, deberán proceder á retirada das especies arbóreas no ámbito das redes de faixas secundarias de xestión de biomasa, así como adecuar as masas arboradas existentes e as novas plantacións ás distancias mínimas establecidas na Lei de Montes de Galicia.
Esténdese a norma particularmente a determinados lugares indicados no bando, sen prexuízo doutras zonas, dando o prazo dun mes improrrogable para a súa execución. Serían as parcelas e/ou fincas situadas nas inmediacións da zona industrial do Perdouro (rúa Camiño Real, LG do Bordeón, Ancares,
Lamestra, Perdouro); nas inmediacións da zona do Instituto Monte Castelo, Ceip Vista Alegre e Escola Infantil Galiña Azul de Burela (rúa Camiño Real, Perdouro, Pelamios, rúa do Torques); na contorna da zona do Hospital da Mariña (Barreira, Xardín, Rinchaforte, rúa Rafael Vior, rúa Camiño Real); na zona da Casa Cuartel da Garda Civil (Cancelo – estrada de Vilaestrofe); nas inmediacións da Vila do Medio (Camiño de Pardiñas, Cinoche, Camiño da Mulariña, Camiño de Vilar); nos arredores do Vilar (Camiño de Pardiñas, Camiño de Vilar, Camiño das Riveiras); e onde os Castros e a Estrada da Marosa (Camiño dos Colexios, Estrada da Marosa, Camiño de Langoria, Camiño do Foxo).
Desde o Concello instan aos propietarios destes terreos a que procedan de inmediato a realizar os traballos de conservación, mantemento e limpeza como medidas obrigatorias de prevención e defensa contra os incendios, indicando que iniciarán e tramitarán procedementos sancionadores naqueles casos que se incumpra e en función da situación das parcelas ou fincas afectadas.






















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



