O delegado territorial, Javier Arias, mantivo unha primeira xuntanza coa que foi ata hoxe a xefa do servizo de Coordinación Cultural da Xunta de Galicia en Lugo
Lugo, 1 de agosto de 2022. María José Gómez tomou posesión esta mañá como nova xefa territorial de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, segundo informou hoxe o delegado territorial da Xunta, Javier Arias. A nova xefa territorial xa viña desenvolvendo funcións na administración autonómica ao ser xefa do servizo de Coordinación Cultural e Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia en Lugo, cargo que compaxina co de alcaldesa do Concello de Guntín.
Licenciada en Humanidades e en Filoloxía Inglesa, antes de súa incorporación a tarefas de responsabilidade pública, foi docente durante 11 anos no IES de Palas de Rei e no IES de Monterroso.
Nunha primeira xuntanza co delegado territorial da Xunta en Lugo, Arias agradeceu a súa dedicación pública ao longo destes anos ao mesmo tempo que lle puxo ao día dos asuntos educativos na provincia, xa inmersos nos preparativos do vindeiro curso académico, para dar continuidade ao labor da súa predecesora, Mariña Gueimunde, a quen agradeceu o seu traballo e compromiso ao longo dos últimos anos.



















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



