As persoas que exercen un determinado posto de responsabilidade, chegado un momento, tras anos de ostentar o poder, poden padecer “mal de altura”(non sempre, afortunadamente). Comeza entón o distanciamento da realidade, cos seus concidadáns, a percepción de que se está en poder da única e absoluta verdade. Iso tenlle pasado a quen ocupou a presidencia do goberno, de autonomías , de grandes e pequenos concellos e, moito me temo, está a pasarlle ao noso alcalde de Cervo, o Sr Alfonso Villares.
Aínda que xa viñamos apreciando os síntomas desde hai tempo, o exemplo mais claro tivémolo o pasado xoves, no último pleno do Concello. Entre os puntos da orde do día dese pleno estaba unha moción presentada, ao igual que no resto dos Concellos da Mariña, pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña. A moción en cuestión solicita o apoio das corporacións para instar á Xunta de Galicia a solucionar a situación de emerxencia que padece o servizo de Saúde Mental na nosa comarca. As demandas que aparecían na moción, os datos e argumentacións que xustificaban a mesma, foran recollidos en diversas reunións cos profesionais deste servizo. Polo tanto a súa veracidade e oportunidade están fora de toda dúbida. Tanto é así, que foi aprobada por UNANIMIDADE (isto é, cos votos a favor do PP) en Alfoz, Barreiros, Ourol e Viveiro. En outros concellos (Foz, Valadouro, Ribadeo) o PP abstívose facilitando a súa aprobación, incluso, como no caso de Mondoñedo, sendo o grupo maioritario.
Pero en Cervo o PP votou en contra. Algo tan lexitimo como incomprensible. Non só polo feito de ser unha “anomalía” incluso entre os seus compañeiros de partido comarcais, senón polas formas e o ton do seu discurso no Pleno. Estando presente un veciño de Cervo, membro activo da Plataforma Sanitaria en calidade de Presidente dunha Asociación de veciños, a voceira do PP primeiro, e o Sr Alcalde despois, puxeron en cuestión todo o que na moción se recollía, chegando a acusar de mentireira e manipuladora á Plataforma. Iso si, “desde o respecto”, dixeron. O Alcalde sentenciou que non estaba de acordo con “NINGÚN plantexamento da Asociación”.
Nese mesmo Pleno, momentos antes, debateramos outra proposta, esta do Alcalde, na que se lle pedía ao ESTADO a toma de medidas urxentes en materia de atención primaria. Desde o BNG criticamos con dureza a parcialidade do PP neste punto, esquecendo á Xunta e as súas competencias nesta materia, esquecendo que foron políticas dos gobernos do PP no Estado, políticas de recortes, de reposición cero, de xubilacións forzosas, de privatizacións, etc. as que levaron á atención primaria a esta situación tan precaria, esquecendo que cando o seu partido gobernou o Estado non se lembraron de lexislar o que agora reclaman. A pesar de todas estas discrepancias, votamos a favor da súa moción,sabendo que é parcial e interesada e que non afronta o problema da atención primaria na súa totalidade. Pero no BNG, en cuestións tan importantes como esta, non imos xogar ao despiste e imos apoiar calquera reclamación que teña como obxectivo a defensa e mellora da sanidade pública, veña de onde veña e vaia dirixida a quen vaia.
E, para rematar a xornada, o PSOE presentou unha moción de urxencia reclamándolle á Xunta a mellora da atención primaria en CERVO, dando cobertura á praza que se atopa vacante por xubilación e recuperando a atención todos os días da semana para o consultorio de Cervo. Novamente o Alcalde e o grupo do PP votaron en contra desta moción. Votaron en contra, incluso, de que fora sometida a consideración no Pleno. Votaron en contra de centos de veciños e veciñas que días antes presentaran (coa axuda da Plataforma Sanitaria)reclamacións no Sergas coas mesmas demandas. A xustificación a tal postura foi a peregrina desculpa de que “se non hai médicos a culpa é do Estado”.
Hai dúas formas de exercer un cargo político: para axudar a mellorar as condicións de vida da veciñanza ou para envolverse en proclamas simplistas e defender cegamente ao teu partido político. O Alcalde de Cervo xa hai tempo que optou por esta última.
Diego Fernández Martínez, voceiro do BNG de Cervo

















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



