A conselleira do Mar participou nos Cursos da Granda sobre ‘Gobernanza da política pesqueira e desenvolvemento da economía azul’
Avilés, 17 de agosto de 2022. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, salientou hoxe a aposta de Galicia pola cogobernanza co sector como unha das chaves para superar os retos aos que se enfronta o complexo mar-industria e manter a súa posición de referente europeo, entre eles a revisión da Política Pesqueira Común (PPC) e o desenvolvemento da economía azul. Fíxoo durante a súa participación nos Cursos da Granda sobre Gobernanza da política pesqueira e desenvolvemento da economía azul.
A titular de Mar salientou que Galicia é a principal rexión pesqueira española e europea e que o seu modelo de xestión se basea na cooperación entre todas as partes interesadas apostando sempre pola participación, a flexibilidade e o diálogo na toma de decisións. Ese xeito de traballar, engadiu, materialízase no contacto constante co Consello Galego de Pesca, no que están representados todos os elos da cadea mar-industria para unha óptima xestión e ordenación da actividade marítimo-pesqueira.
Nesta liña, a representante do Executivo galego defendeu a necesidade de que todas as medidas de xestión que se adopten estean baseadas en datos e argumentos sólidos para evitar prexuízos innecesarios ao sector. Neste eido lembrou episodios negativos como a pretensión de Bruxelas de vetar a pesca de fondo en preto dun cento de áreas en augas europeas -sen ditames biolóxicos nin socioeconómicos que a sustenten- ou os ataques inxustificados que sofre a frota pesqueira galega en alta mar por parte de organizacións ecoloxistas malia faenar de xeito totalmente legal.
Rosa Quintana lembrou que Galicia realizou distintas xestións da man do Consello Galego de Pesca para facer fronte a estes e outros retos inmediatos do sector marítimo-pesqueiro, como a revisión da PPC. Neste sentido, este órgano emitiu un ditame -que xa foi trasladado a outras rexións pesqueiras europeas e aos parlamentarios galegos nas distintas cámaras de representantes- que recolle as prioridades e necesidades da comunidade ante a posible reforma da política pesqueira comunitaria entre as que destaca unha política máis social e de futuro que aposte pola remuda xeracional no sector.
Para lograr este obxectivo, salientou a conselleira, é fundamental mellorar as condicións de vida a bordo e o contacto con terra mediante a construción de buques máis modernos -tendo en conta que maiores dimensións non teñen por que implicar maior capacidade de pesca- e adecuar a formación ás necesidades da frota. A esta demanda engádense outras como un comercio mundial pesqueiro xusto, unha pesca compatible coa conservación da biodiversidade, a adaptación ao cambio climático ou a cogobernanza global.
A titular de Mar subliñou o desenvolvemento da economía azul como outro dos grandes retos de Galicia ao tempo que puxo en valor o traballo realizado pola comunidade neste eido. Neste sentido, fixo fincapé en que a comunidade está a deseñar a Estratexia Galega da Economía Azul co obxectivo de cubrir os sectores directamente vencellados co medio mariño e costeiro -como a pesca, a acuicultura e o transporte marítimo- e outros máis emerxentes e innovadores como o portuario, o naval ou o turismo costeiro.
A representante da Xunta destacou que se trata de sectores con alto potencial de emprego e crecemento, polo que apostou por converter o reto da economía azul nunha oportunidade para o desenvolvemento da comunidade a medio e longo prazo. Nesta liña, puxo como exemplo de boas prácticas o Plan Blue Growth da Autoridade Portuaria de Vigo, que marca o camiño a seguir de Galicia no desenvolvemento da economía vencellada co mar.
O evento
A xornada enmárcase nos Cursos da Granda, unha institución dedicada a estreitar lazos entre empresarios, historiadores, economistas, científicos e todo tipo de profesionais que traballan a favor do futuro de Asturias. Desde 1978 ofrece cursos gratuítos sobre distintos temas de interese para o conxunto da cidadanía. A cita de hoxe está dirixida por Alberto López-Asenjo, ao que a conselleira agradeceu a súa preocupación e traballo constante a prol do sector marítimo-pesqueiro, e é a primeira ocasión na que os Cursos da Granda abordan a temática pesqueira nos seus máis de 30 anos de historia.



















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



