Verán nunha vila costeira. Vivindo. Si,aquí tamén vivimos.
Aparcar? Máis doado, non? Hai máis prazas no verán, especiais para a tempada! En Ribadeo, medraron prazas coma fungos, nunha operación na procura de desconxestionar o pobo. Van empeño, houbo prazas, mais o tráfico non mellorou. Diríase máis ben o contrario.
Vexo estes días que en Bruxelas, ó estilo doutras vilas do centro de Europa, tenden a restrinxir o numero de prazas de aparcamento, aniquilándoas na zona centro. As diferenzas entre orientacións cara ó futuro nun e outro caso poden estar no tamaño da poboación, pero sobre todo nunha planificación, difícil en todo lugar, mais inexistente nestas terras, onde iso de ‘o Ribadeo que queremos’ non é que soe raro, senón que non soa. Pero, queremos a Ribadeo, non?
Diferenzas entre vila e cidade poden facilitar de xeito relativo a planificación nas cidades (máis difíciles na xestión día a día, por ser máis grandes, pero máis doadas para planificar a grandes trazos o futuro, por pura aplicación estatística a máis de por recursos). Non é allea neste caso do transporte a posibilidade de conexións públicas, abandonadas e caras nas zonas rurais en despoboamento mentres se pretenden, din, ‘medidas paliativas’ para evitar ese mesmo despoboarse.
Un tráfico ‘endiañado’? polo turismo, con outros modos diferentes ós que por aquí se levan, fai retraer a presenza física dos locais nun espazo que sería o seu para a xente de aquí. Unha imaxe que nos leva á xa estudada xentrificación turística doutros lugares e situacións (chega lembrar a despoboamento de Venecia a menos da metade dende hai cincuenta anos). E ademais, algo que fai resaltar a falta de alternativas para pequenos desprazamentos (entre outras eivas) dentro do concello e con concellos limítrofes (a non ser excepcións relativas, como no caso de Ribadeo, da vila co resto da ‘cidade lineal’ costeira mariñá): queres desprazarte do centro urbano a Cedofeita? Vai pensando en arrincar o coche…
Pode que sexa hora de meter na lembranza o movemento dos ‘gilets jaunes’, os chalecos amarelos franceses de hai poucos anos. Denostados dende o poder, moitas veces incomprendidos por quen non ten os seus problemas, de composición política transversal, a protesta comezou pola carestía dos carburantes para os desprazamentos e a falta de alternativas reais ó transporte privado e particular, dunha xente necesitada do mesmo ó ser expulsada das cidades polo alto custo de vivenda e vida nelas. Xente que pode comprender as necesidades ecolóxicas, a escaseza de materias primas ou a emerxencia climática, relacionadas co transporte, pero que procura, como os demais, un equilibrio nas súas vidas e unhas posibilidades equivalentes á xente de cidade (ou, noutros casos, “ós turistas”).
Fai falta unha nova mentalidade. Non todovale, tampouco poñendo por fronte o turismo, cartos e empregos derivados (moitas veces, facendo as contas con moito nesgo e pulo de intereses). Iniciativas como a de Pontevedra a pé ou Vilalba a pé son loables, pero insuficientes, necesitan non só de cosas como a potenciación da bici, senón tamén outras como a extensión e fluidificacióndas liñas férreas e diversos tipos de transporte público para non afondar máis a xentrificación que se suma ó despoboamento pola falta de servizos e oportunidades. Necesitan -necesitamos- dun acordo moito máis amplo, global.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



