O PP insta a Loureiro a dedicar unha partida suficiente para acometer canto antes as obras en As Aceas
Viveiro, 7 de setembro de 2022. O goberno de Viveiro, presidido pola socialista María Loureiro, carece de ideas, empuxe e capacidade para xestionar as infraestruturas que necesita o municipio. É algo que está sobradamente demostrado e que de novo quedou de manifesto na sesión plenaria celebrada pola corporación municipal o martes. O pleno aprobou, sen o apoio do grupo de goberno, as propostas do PP para completar o saneamento de As Aceas e deseñar un plan para o saneamento integral de Viveiro. O portavoz popular, Óscar Rodríguez, sinala que “unha vez máis, a alcaldesa demostrou un preocupante descoñecemento do municipio e das súas necesidades en materia de infraestruturas”.
Os populares non saían do seu asombro cando a alcaldesa explicou que dispón de só 34.000 euros para o saneamento de As Aceas, é dicir, para prolongar a rede de colectores e conectar a ela cada unha das casas. Rodríguez di que é preciso crear a nova canalización, prolongala ata conectar coa actual, que está a uns 50 metros, e instalar unha estación de bombeo. Rodríguez asegura: ”Hai que ter moi pouca idea do que costan as cousas, para pensar que con 34.000 euros se pode facer unha obra así, porque, ademais, contando impostos quedarán en pouco máis de 24.000; é inexplicable”. Engade: “O que queda claro é que a alcaldesa descoñece o municipio e as necesidades de infraestruturas, neste caso das hidráulicas”.
No PP destacan que todos os grupos representados na corporación, menos o PSOE, apoiaron a súa moción, a única que se debateu no pleno. “Defendemos a necesidade de deseñar un plan de saneamento integral de Viveiro e executalo en varias anualidades. Pero a María Loureiro parece que non lle preocupa acabar cos vertidos de augas residuais; moito falan os socialistas de medio ambiente, pero á hora da verdade, non fan nada”.
Os populares instan á alcaldesa e ao seu goberno a cumprir o acordo plenario para o saneamento de As Aceas e deseñar un plan integral. “Queremos pensar que esta vai ser a primeira vez que o goberno local executa acordos plenarios adoptados a instancias do PP; ata agora non ocorreu tal cousa. Esperemos que esta sexa a primeira vez”.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



