As relacións laborais en España están edificadas sobre o piar da negociación colectiva, o valor dos sindicatos e a súa potencia de representación e influenza, é intrinsecamente proporcional á súa capacidade de negociación colectiva.
Da representación sectorial dos sindicatos e do seu porcentaxe electoral depende en enorme medida a súa propia financiación e capacidade de acción. En definitiva tamén a súa lexitimación como axente social representativo. En cifras de 2021 en España son ilustrativas, asináronse un total de 908 convenios colectivos, 685 de empresa e os restantes de ámbito cando menos provincial. É un enorme esforzo de negociación e consenso, que normalmente pasa desapercibido, pero que inflúe loxicamente na vida cotiá e tamén na situación económica e social do Estado. Cada día laboral en España asinase un total de 2,8 convenios colectivos, que supoñen horas de traballo e negociación da patronal e dos sindicatos. Hoxe son 2.601 os convenios colectivos que teñen vixencia. A negociación colectiva en España está viva e é dinámica, non exenta de tensións pero evidentemente moi capaz de consensos ou cando menos así o reflicten os datos. En todos os eidos de acción: empresa, provincia, estatal ou sectorial a negociación colectiva funciona.
Os convenios colectivos regulan entre outras cousas as categorías profesionais establecendo unhas táboas de salario acorde á capacidade profesional de cada categoría para encadrar aos traballadores pola a súa actividade. As táboas son un sistema xusto para o recoñecemento da capacidade e da responsabilidade, sendo parte importante da propia organización empresarial. Esta parte da negociación está a sufrir tensións significativas pola intromisión indirecta do goberno do Estado. Vaia por diante que eu defendo unha converxencia de salarios mínimos en Europa, pero aplicando o senso común e fuxindo do populismo. A o pacto sobre o salario mínimo interprofesional en 1.000 euros está referendado polos sindicatos, esta ben, é de recibo aumentar o poder adquisitivo en momentos de inflación. O que xa non é tan lóxico é o populismo que pretende implementar a Vicepresidenta e Ministra de Traballo querendo subir agora a 1.250 euros, xa que aínda o mercado laboral e a negociación colectiva non foi quen de asimilar a anterior subida. Numerosos convenios iniciaban a súa táboa por debaixo dos 1.000 euros, que agora son a referencia, así un traballador sen especialización e sen experiencia pasa a percibir 1.000 euros. En numerosos convenios un especialista e mesmo un mando pode percibir 1.100 € a diferencia porcentual non foi trasladada ás táboas salariais, facendo que a capacidade profesional se iguale e non se pague polos coñecementos, evidentemente isto xera tensións no traballo e na tesoureira das empresas. Se agora sen tempo de corrixir esta situación engadimos 1.250 euros desde o goberno están matando a capacidade de negociación colectiva. Precisase un tempo lóxico para pactar novas condicións partindo da referencia mínima dos 1.000 euros.
Yolanda Díaz na teima de traballar a súa marca está provocando que a negociación colectiva e a competitividade de España corra o risco de desaparecer da acción diaria, acaso pretende ser un Estado cun SMI de 2.000 e sen convenios? Ese é outro modelo, mais pode que sexa o dela, ollo.
Piñeiro Docampo,
Sº XERAL DE CxG
MEMBRO DO CONSELLO DO PARTIDO DEMÓCRATA EUROPEO






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



