Ribadeo, 3 de outubro de 2022. Nos dous primeiros días da Pancha, a moeda local de Ribadeo, un cento de persoas se fixeron co seu Panchapeto e o volume de negocio superou os 12.000 euros. O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, fai un balance moi positivo do arranque da campaña.
O edil ribadense subliñou que “este arranque da campaña das Panchas no ano 2022 está sendo moi positivo: os primeiros datos rexistrados xa nos indican un volume de negocio de máis de 12.000 euros a tan só dous días de iniciarse a campaña. Ademais hai que ter en conta que o luns en Ribadeo é un día no que gran parte do comercio está pechado e polo tanto isto indica precisamente que durante todo o sábado e onte, domingo, realizáronse numerosas operacións pagadas en panchas.
Pablo Vizoso sinalou que “practicamente xa hai un cento de persoas que descargaron o seu Panchapeto e xa se estima tamén en case un cento de operacións o número de compras realizadas especificamente grazas á aplicación das Panchas. Evidentemente o volume de negocio é superior, pero exclusivamente xa a través das Panchas foron vendidos máis de 12.000 euros, o cal é un verdadeiro éxito nestes días de arranque da campaña”.
A cuarta edición da Pancha deu comezo o pasado sábado, 1 de outubro, e prolongarase ata o 31 de decembro.
























A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



