A mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional propón un amplo programa de actividades gratuítas, alén das funcións
Viveiro, 7 de outubro de 2022. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, presentaron hoxe a 4ª edición de Superarte, a mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional. Este ano, a iniciativa impulsada polo Concello de Viveiro celebrarase entre o 17 e o 23 de outubro.
“Superarte é un dos grandes exemplos do noso esforzo como Goberno local por acadar un Viveiro máis inclusivo. Un proxecto que cumpre a súa cuarta edición como un referente na visibilidade das persoas con diversidade funcional ”, sinala a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
A mostra conta en cada edición coa colaboración dunha asociación. Para este ano, o Concello de Viveiro implicou á Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC). “Agradecémoslles o seu esforzo guiándonos na programación desta edición”, sinala a responsable de Cultura.
Durante unha semana, Superarte proporá unha ampla programación gratuíta, na que se inclúen varios eventos alén das obras de teatro. Entre outras actividades, programáronse exposicións, faladoiros, contacontos, un rastrillo solidario e un concurso en colaboración co comercio local.
Ademais, o programa deste ano contempla varias actividades dirixidas á mocidade. “Un dos nosos obxectivos é plantar a semente da inclusión na rapazada para crear así unha sociedade inclusiva no futuro”, explica a concelleira de Cultura.
“Esta mostra é un evento pioneiro porque outorga espazos nos que as persoas con diversidade funcional expresan a súa arte e crean relación co resto da comunidade”, finaliza a edil de Cultura, quen agradeceu a implicación das distintas asociacións no proxecto.

























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



