A Fiscalía iniciou dilixencias en base á denuncia presentada en agosto polas entidades que integran a plataforma “Por un Monte Galego con Futuro” na que se sinalaba a Xunta como responsábel por inacción do alcance do desastre ambiental causado pola vaga de lumes.
Compostela, 13 de outubro, 2022. A Fiscalía vén de remitir resposta ás denuncias presentadas polas diversas entidades que conforman “Por un Monte galego con Futuro” informando que incoará dilixencias coa fin de determinar a posíbel comisión dun delito contra o medio ambiente dos artigos 325 e 326 do Código Penal, relativo á protección da flora.
A Fiscalía lembra que, en coñecemento dun “feito aparentemente delitivo, ben directamente ou por ser representada unha denuncia ou atestado, practicará o mesmo ou ordenará á policía xudicial que practique as dilixencias que estime pertinentes para a comprobación do feito ou da responsabilidade dos partícipes no mesmo”, como así confirma que decidiu.
As entidades da plataforma Por un Monte Galego con Futuro denunciaban o desleixo do goberno da Xunta de Galiza ante a vaga de lumes que nos meses de xullo e agosto produciran graves efectos nos montes e ecosistemas de máis valor de Galiza.
Na súa denuncia sinalaban expresamente á consellaría de Medio Rural pola súa inacción perante uns lumes que arrasaron ecosistemas de gran valor como o Parque Natural do Invernadoiro e Macizo Central ourensán, Serra do Courel, bisbarra de Valdeorras, Val de Monterrei, Montes da Cañiza, Montes da bisbarra do Ribeiro ou o Arenteiro, entre outros. E apuntaban que o dano producido polos incendios forestais, coa calcinación de miles de hectáreas de montes e destrución de ecosistemas, agravouse debido a que a maioría dos traballos de prevención de incendios previstos para o ano 2022 están sen facer a día de hoxe.
Xunto a isto denunciaban que só se executara, á altura do mes de agosto, parte do Plan de prevención de incendios forestais presentado o 5 de maio de 2022 polo entón Presidente da Xunta de Galiza don Alberto Núñez Feijoo, cun orzamento de máis de 180 millóns de euros que, entre outras partidas, tiña previsto un investimento de 33 millóns de euros para prevención e intervir en 58.000 hectáreas de montes, 58.000 quilómetros de pistas…
Menor repercusión de se ter activado o “máximo risco”
Para a plataforma “Por un Monte Galego con Futuro” o alcance e repercusión dos incendios forestais tería sido moito menor de activarse todo o operativo de “Tempada de Máximo Risco de Incendios” tal e como estabelecía o PLADIGA 2022 e debíanse ter adoptado, ademais, as medidas complementarias estabelecidas nos protocolos de Protección Civil tanto da comunidade autónoma como do Estado español.
A plataforma afirmaba tamén, no escrito dirixido á Fiscalía, que “os indicadores diarios de incendios forestais permitían vaticinar que, en caso de focos iniciais de incendio forestal, estes podían converterse con facilidade en Grandes Incendios Forestais, como así lamentabelmente pasou a partires do 14 de xullo”,e que “producidos os primeiros focos iniciais, non se actuou en tempo e forma cos medios suficientes coa fin de intentar controlar a súa expansión e minimizar os efectos dos lumes tanto nos ecosistemas como os danos económicos e sociais que se podían producir”.
‘Por un Monte Galego con Futuro’ chamaba tamén a atención sobre a “dramática” situación vivida en aldeas e poboacións, con varias casas calcinadas por uns incendios forestais incontrolados pola falla de medios, nomeadamente entre o 14 e o 27 de xullo. E recalcaban que o operativo para extinguir os incendios estivo desbordado desde o principio pola falla de medios técnicos, materiais e humanos.
Grao de mobilización do operativo insuficiente
Outra das consideracións que aportaron na súa denuncia foi que o grao de mobilización do operativo de prevención e extinción de incendios foi equiparábel ao que se activa durante unha precampaña nos meses de marzo, abril, maio, xuño. “Mentres, montes enteiros ardendo, os espazos naturais de máis valor de Galiza calcinándose e aldeas afectadas con casas queimadas”.
Canda isto, recollían datos como as preto de 40.000 ha. calcinadas no mes de xullo, con millóns de animais atrapados e mortos polo avance das lapas, sen que houbera un protocolo de actuación para minimizar os efectos dos incendios sobre a fauna ou para recoller os animais feridos e tratar de curalos nos centros de recuperación de fauna salvaxe xestionados pola Consellería de Medio Ambiente.
“Fallou a prevención e logo producidos os primeiros focos iniciais, non se actuou en tempo e forma cos medios suficientes co fin de intentar controlar a súa expansión e minimizar os efectos dos lumes tanto nos ecosistemas como os danos económicos e sociais” – subliña Xosé Santos voceiro da Plataforma Por un Monte Galego con Futuro – “Ademais, o desleixo da Xunta é tan grande que aínda non se tomou ningunha medida para reducir o dano causado como a retirada das cinzas para que non contaminen as augas ou a recuperación da avifauna”.





















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



