Os populares defenden “que eses máis de 10 millóns de euros con respecto ao ano pasado deben ir a un reparto obxectivo entre todos os concellos, pero moitos tememos que só sexan uns concellos os que se vexan beneficiados”
Lugo, 4, novembro, 2022. Un ano máis, o presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé, incorreu na inelegancia de presentar antes os orzamentos para o próximo ano no Parlamento de Galicia que aos membros da corporación provincial. É, segundo sinala o portavoz popular, Javier Castiñeira, un orzamento (110 millóns) no que o Plan Único só representa un 20% (no primeiro ano, é dicir, no 2017, o 24%) a pesar de que os custos se incrementaron tamén nun 20%. Os populares interpretan, á vista dos datos dados a coñecer, que Tomé acumula fondos para a campaña das próximas eleccións locais. No PP din que aínda seguen sen coñecer as contas reais, “porque só sabemos cales son os contos de Tomé, e por iso esiximos, como deputados provinciais, que nos informe e que nos dea as contas reais, para sobre elas poder opinar”.
Castiñeira sinala: “No grupo provincial do PP sentímonos decepcionados e tamén avergoñados da presentación on line que fixo no día de onte o señor Tomé dos orzamentos da Deputación de Lugo para o ano 2023. Dicimos on line porque non a fixo na provincia de Lugo, polo que non puidemos escoitalos directamente en San Marcos, nin os deputados nin o resto dos lucenses, e tivemos que velo por vía telemática, porque os presentou en Santiago, no Parlamento de Galicia”.
O portavoz popular explica: “Estamos decepcionados coa actitude do presidente da Deputación de Lugo, que se dedicou a criticar os orzamentos da Xunta de Galicia; o señor Tomé foi no día de onte a facer de deputado autonómico e non de presidente da Deputación de Lugo; non se pode ir como presidente da Deputación a criticar os orzamentos da Xunta cando te chaman para presentar os da Deputación. Dos poucos datos que deu, temos moitas dúbidas, porque os orzamentos de todas as deputacións medran para o 2023 ao redor dun 6,5%, tal como avanzaron ás de Ourense e Pontevedra, mentres na de Lugo sube un 10% con respecto ao 2022, é dicir, de 100 millóns pasamos a 110 millóns de euros”.
Os populares interpretan que “a estratexia do goberno provincial é cargar os seus tanques electorais e facer da Deputación o arsenal político ao que nos teñen acostumados cada vez que remata unha lexislatura e empeza outra”. Engaden que “o uso dos fondos públicos para facer política non é unha novidade para o señor Tomé, que sabe perfectamente que a Deputación de Lugo o leva facendo dende hai moitos anos”.
Castiñeira declara: “Entendemos que eses máis de 10 millóns de euros con respecto ao ano pasado deberían ir a un reparto obxectivo entre todos os concellos, pero moitos tememos que só sexan uns concellos os que se vexan beneficiados. A proba é que se devalúa o Plan Único, que cando naceu no 2017 supoñía un 24% do orzamento total e, agora, só suporá un 20% para o 2023, a pesar do incremento no 20% dos custos con respecto ao 2017”. Así se minusvalora, din no PP, “a aportación do Plan Único aos concellos”.
Castiñeira explica: “Mentres avanzan os orzamentos o Plan Único mingua. O Plan Único é a cooperación obxectiva co total dos concellos; isto parécenos dunha falta de transparencia absoluta e unha falta de respecto aos concellos e especialmente aos máis pequenos, que son os que máis van sufrir o sectarismo do señor Tomé, que fai da Deputación unha administración que traballa para os privilexios electorais dalgúns”.





















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



