Lugo, 9 de novembro de 2022. A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, clausurou este mércores no Pazo de San Marcos o congreso que pon o colofón ao programa Life in Common Land, un proxecto liderado pola institución provincial, coa colaboración das universidades de Santiago de Compostela e da Coruña, que ten como obxectivo favorecer a conservación dos hábitats característicos e o aproveitamento sostible da riqueza ambiental da Serra do Xistral, un territorio integrado na Rede Natura 2000 e Reserva da Biosfera Terras do Miño.
García Porto reivindicou a “capacidade” das entidades locais “para xestionar con transparencia e eficacia os fondos europeos”. “A administración local non é unha sorte de irmá pequena ou unha administración de segunda. Ben ao contrario, é o terminal último garante que as directrices europeas se convertan en realidade”. Polo tanto, subliñou, “incrementar o fluxo de recursos a disposición das entidades locais -con criterios de racionalidade e control, por suposto- resulta fundamental para garantir o éxito das políticas de recuperación do territorio e de loita contra o reto demográfico”. Entre outras moitas conclusións, o traballo desenvolvido no marco do Life in Common Land e no propio congreso clausurado hoxe “facilítanos argumentos para soster esta reivindicación”, destacou a Deputada.


















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



