O concello, cun stand propio na feira internacional gastronómica, ofrecerá degustacións gratuitas con diferentes formas de elaborar a merluza do pincho
Viveiro, Viveiro, 10 de novembro de 2022. O Concello de Viveiro será protagonista mañá venres no Día do Mar que se celebrará en Xantar 2002, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que ten lugar ata o próximo domingo en Expourense.
A alcaldesa María Loureiro, xunto ao tenente de alcalde Jesús Fernández e a concelleira de Turismo, Marisol Rey, representarán ao concello nunha xornada tamén adicada a Ponte de Lima (Portugal) e á provincia da Coruña.
A axenda deste Día do Mar comezará ás 12:25 horas coa recepción e benvida polos membros do Patronato de Expourense, que dará paso a un acto conducido por Rogelio Martínez, director xerente de Expourense e Director de Xantar. María Loureiro intervirá ante aos asistentes para expoñer a oferta turística de Viveiro, o seu amplo programa cultural e festivo ao longo do ano e falar da súa gastronomía, especialmente da merluza do pincho, o produto sobre o que xirarán ás actividades previstas nesta feira internacional.
Trala súa intervención, ofrecerase a partir das 12:30 horas unha degustación gratuíta de merluza do pincho do Celeiro acompañada por empanada de merluza do pincho e Pan dos Apóstoles, o doce típico de Semana Santa.
A continuación chegará o ‘Showcooking’ que correrá a cargo de Lucas Requejo ás 13.30 horas. Baixo o epígrafe ‘ADN Gastronómico de Viveiro’, o investigador e divulgador de Ecogastronomía, director da iniciativa Prato-Do e delegado en Galicia da Fundación Ecotur, amosará as virtudes do produto estrela da mariña lucense nunha experiencia ecograstronómica onde viaxar coa imaxinación e os sentidos. Será a primeira vez que se realiza unha degustación deste tipo en directo dividida en tres pratos.
En primeiro lugar, prepararase ‘Viaxando da Estación Agroecolóxica de Viveiro ao mar do s. XVII en Viveiro’, que consistirá nunha bolacha mariñeira con alimentos da ‘non horta próxima’, sardinillas do Cantábrico en conserva e queixo afumado San Simón da Costa.
Tamén elaborará ‘Pinchando a merluza de Celeiro guisada: allo, cebola e pataca sempre fixeron guiso ‘pobre’ e con merluza do pincho de Celeiro e alga percebe, que guisada farán?’
O terceiro prato será ‘Gozando da colineta de Viveiro: a colineta era capaz de facerlle competencia, mesmo, á tradicional torta mindoniense’, escribiu Álvaro Cunqueiro.
Viveiro conta cun stand propio na 23ª edición Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar 2022 no que difundirá material de promoción turística e os folletos remitidos polos establecementos hostaleiros do municipio. Tamén o stand servirá de punto de encontro con turoperadores e profesionais do sector, xunto co público en xeral.





















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



