Será este xoves 17, ás 20,00 h., na Casa do Viejo Pancho. Participarán, Fernando Suárez Barcia, alcalde de Ribadeo, Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, e o noso compañeiro da Agrupación, que tanto ten colaborado connosco en distintas actividades, Francisco Campos Dorado, mariño mercante xubilado, e estudoso do noso patrimonio. En paralelo, o Concello de Ribadeo organiza unha exposición sobre documentación que acredita na tradición do nome da Ría de Ribadeo, durante a semana do xoves 17 ao xoves 24. Dita exposición poderá ser visitada o xoves 17 de novembro na Sala de Exposicións da Casa do Viejo Pancho, aínda que posteriormente seguirá noutras dependencias municipais.
A Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza un novo acto para abordarmos a defensa do noso patrimonio toponímico realizando unha charla-coloquio sobre o nome da Ría de Ribadeo
A Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza un novo acto para abordarmos a defensa do noso patrimonio toponímico realizando unha charla-coloquio sobre o nome da Ría de Ribadeo
Relacionado
-
O Concello mellorará a seguridade na Avenida Ría de Ribadeo sinalizando con liña continua entre as rotondas de Piñeira e Vilar
-
O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, reclama por quinta vez unha reunión co presidente da Deputación para abordar diversos asuntos de interese para o municipio
-
O 5 de maio segue o Domingueo en Ribadeo, que organizan Concello e Acisa