O delegado territorial, Javier Arias, explica que beneficiarán a 400 persoas desempregadas, que recibirán formación e asesoramento para procurar a súa inserción laboral
Lugo, 16 de novembro de 2022.- A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destina preto dun millón de euros aos catro programas integrados de emprego que reeditan na provincia de Lugo a Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería e Turismo (APEHL) e tres agrupacións que suman máis dunha vintena de concellos.
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, subliñou que cada un beneficiará a 100 persoas desempregadas, que ao longo dun ano recibirán formación en especialidades formativas do Catálogo de especialidades do Servizo Público de Emprego Estatal e noutros aspectos como a intelixencia emocional, técnicas de motivación para a busca de emprego ou fomento da capacidade emprendedora.
O obxectivo fundamental é acadar a inserción laboral das persoas participantes, para o que tamén se realizan prospeccións empresariais, emparellando ofertas de traballo cos demandantes, segundo o seu perfil. Igualmente, realizarán prácticas profesionais non laborais en empresas, preferentemente en consonancia co contido teórico práctico das accións formativas.
A APEHL encara a sexta edición do programa, cos que alcanzou moi bos resultados de inserción laboral ata a fecha. O investimento autonómico alcanza un total de case 1,4 millóns de euros -226.160 euros para este último-.
Municipios beneficiados
Tamén repiten experiencia tres agrupacións de concellos da provincia, que reciben 250.000 euros en cada caso. A primeira está integrada por Outeiro de Rei, Friol, Rábade, Begonte, Cospeito, Castro de Rei, Abadín e Mondoñedo; a segunda fórmana os municipios de Palas de Rei, Monterroso, Portomarín, Antas de Ulla, Guntín, O Páramo e o coruñés de Melide. E por último, os concellos de Chantada, Pantón, Bóveda, Paradela, O Saviñao, Sober, Taboada e Carballedo, suman este ano aos ourensáns de Coles, A Peroxa e San Cristovo de Cea.
Está previsto que todos os programas dean comezo mañá. Son as entidades beneficiarias as que realizan a selección das persoas demandantes a través da oficina de emprego que lles corresponda segundo a súa localización, tendo preferencia para participar as persoas demandantes que manifesten a súa vontade de recibir estes servizos.



















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



