Mondoñedo, 17 de novembro, 2022. A Asociación Abrindo Camiño de Mondoñedo organiza unha peregrinación a Terra Santa, en colaboración coa Xunta de Galicia, que inclúe visitas a Belén, Nazaret e Xerusalén, así como outros puntos relacionados coa vida de Jesús e da súa paixón e morte.
A concelleira do Camiño, Patricia Otero, fixo entrega de dúas réplicas da Catedral de Mondoñedo, ao coordinador da iniciativa, Luís Fernández Ansedes, do colectivo “Abrindo Camiño” de Mondoñedo, para que lles sexan entregadas ás autoridades coas que manterán encontros oficiais.
Grazas a esta iniciativa, máis de medio centenar de membros de nove asociacións de amigos do Camiño de Santiago de Asturias e Galicia poderán coñecer entre os días 21 e 28 de novembro os lugares que percorreu o Apóstolo Santiago.
Durante a semana de estancia en Israel manterán encontros co custodio de Terra Santa e co Patriarca de Xerusalén. Aproveitarán a súa estancia para visitar á peregrina Carlota Valenzuuela, que ao longo deste ano estivo peregrinando desde Fisterra a Xerusalén. Ao mesmo tempo, participarán en varias accións de promoción do Camiño de Santiago.
As asociacións participantes serán a mindoniense “Abrindo Camiño”, organizadora da viaxe, a Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, “Vía da Prata” de Ourense, “Asturleonesa” de Oviedo, “Astur-galaica do Interior” de Tineo, APECAN de Ribadesella, Asociación de Grao, “O Acivro” de Cangas del Narcea e a de Siero, Noreña e Sariego.
Contan tamén coa colaboración de Mari Carmen Furelos, directora da hospedería San Martín Pinario de Santiago de Compostela, e da axencia Rosalen Peregrinacións. Mantivéronse contactos coa Xunta de Galicia e co Principado de Asturias para a promoción e difusión dos itinerarios do Roteiro Xacobeo en ambas as comunidades nos lugares Santos de Israel.
O colectivo xacobeo, aparte da promoción das peregrinacións a Compostela, ten como obxectivo compartir vivencias e estreitar lazos entre as diferentes entidades que traballan, de forma altruísta e voluntaria, no mantemento e difusión do Camiño de Santiago.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



