O delegado territorial de Lugo salienta que xa está en marcha unha nova edición compartida polos mesmos municipios e financiada pola Xunta, que destina 500.000 euros en dous anos a impulsar esta iniciativa laboral
Mondoñedo, 21 de novembro de 2022. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe en Mondoñedo na clausura do programa integrado de emprego que durante o último ano axudou a mellorar a cualificación profesional de 100 persoas dos oito concellos participantes.
Arias explicou que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade financiou con 250.000 euros esta iniciativa, promovida pola administración local mindoniense asociada coas de Outeiro de Rei, Friol, Rábade, Begonte, Cospeito, Castro de Rei e Abadín.
Subliñou que a Xunta financia coa mesma contía -250.000 euros- unha nova edición desta acción laboral, que vén de comezar e que compartirán durante outro ano os mesmos concellos, nesta ocasión con Outeiro de Rei como promotor.
Os programas integrados de emprego proporcionan formación en áreas específicas con demanda no mercado do traballo. Neste caso ofrecéronse 31 especialidades, como desenvolvemento web, inglés profesional para o turismo ou ecoturismo, condutor de carretillas elevadoras e limpeza de instalacións e equipamentos industriais, entre outras alternativas. Tamén se incide en aspectos como a intelixencia emocional, técnicas de motivación para a busca de emprego ou fomento da capacidade emprendedora.
A metade dos participantes xa acadaron unha oportunidade laboral
“A Xunta segue apostando por este modelo porque ofrece un amplo abano de formación presencial e telemática, ademais de acompañamento no camiño de buscar un emprego con asesoramento individualizado”, salientou Arias.
Engadiu que a experiencia mellora o perfil profesional dos participantes e incrementa as súas posibilidades de obter un posto de traballo, como demostra o feito de que a metade dos participantes no programa que finaliza hoxe acadaran xa unha oportunidade de incorporarse ao mercado laboral.
Por último, Arias apuntou que este ano a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destina preto dun millón de euros aos catro programas integrados de emprego que reeditan na provincia de Lugo a Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería e Turismo (APEHL) e tres agrupacións que suman máis dunha vintena de concellos.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



