A MARIÑA .- As organizacións Unións Agrarias (UU.AA) e Xóvenes Agricultores (XX.AA.) denuncian que as industrias incumpren os acordos dos contratos homologados do leite e demandan das administracións un plan para reactivar o sector lácteo, “que vive ao borde da quebra, cunha diminución de ingresos que na Mariña acada os 807 mil euros.
O día 18 deste mes os gandeiros mobilizaranse en Santiago contra os abusos da industria e da distribución.
Nota de Prensa
As organizacións demándanlle ás administracións un plan para reactivar o sector lácteo, que vive ao borde da quebra, cunha diminución de ingresos que na Mariña acada os 807.000,25 €
Unións e Xóvenes denuncian que as industrias incumpren os acordos dos contratos homologados do leite
As dúas centrais remitiron ás corporacións locais unha Moción coas reivindicacións que veñen formulando pola grave crise que atravesan os produtores de leite.
O día 18 deste mes os gandeiros mobilizaranse en Santiago contra os abusos da industria e da distribución. UU.AA. e XX.AA, que contan co apoio das cooperativas, piden a solidariedade dos establecementos comerciais.
Unións Agrarias (UU.AA) e Xóvenes Agricultores (XX.AA.) denuncian o “claro incumprimento do acordo” para a posta en marcha dos contratos homologados do leite por parte da Federación de Industrias Lácteas. A falla de garantía nos compromisos pactados sumado aos continuos abusos tanto das factorías como da distribución, que día a día aumentan os seus beneficios a conta dos produtores, derivou na convocatoria dun calendario de mobilizacións do sector lácteo, que comezará o vindeiro día 18 en Santiago.
Os gandeiros protestarán contra as ameazas, e as prácticas especulativas e desleais dos industriais e das distribuidoras. Asemade, esixiranlle ás administracións un plan de reactivación do sector lácteo, que vive ao borde da quebra. Ese plan contempla unha serie de medidas que as dúas centrais tamén plasman na Moción que remitiron ao conxunto das corporacións locais de Galicia e que consisten nas reivindicacións que os dos sindicatos veñen formulando pola grave crise que atravesa o sector lácteo galego. Unións e Xóvenes, que contan co respaldo das cooperativas leiteiras, tamén solicitan o apoio dos establecementos comerciais á manifestación dos produtores de leite, porque “sen gandeiros non existe o rural”.
A crítica situación que atravesa o sector lácteo evidénciase na Mariña luguesa nos 807.000,25 euros de diminución de ingresos que, desde novembro de 2007 ata setembro de 2008, contabilizan as explotacións da zona, un total de 458, representando o 2,8% das explotacións de Galicia e o 7,4% das explotacións de Lugo. A cota leiteira desta comarca é de 81.928.959 quilos, o que representa o 3,8% da produción galega e o 8,3% da produción de Lugo.
Garantía de recollida
En referencia aos cumprimentos, os sindicatos sinalan a non aceptación por parte das industrias das alegacións presentadas na última Comisión de Seguimento dos Contratos homologados e a ruptura do espírito do acordo, que contempla a garantía de recollida do leite aos gandeiros ao prezo pactado, que en ningún caso pode ser inferior ao prezo medio de Francia.
Neste contexto, sinalaron que nun país cunha produción deficitaria do 30% a chantaxe de algunhas industrias para non recoller leite aos gandeiros só se entende como unha práctica para abaratar os prezos en orixe, que sufriron unha actuación flagrante das industrias no mes de setembro, que aplicaron unha baixada unilateral de entre 3 e 5 pesetas no prezo pagado aos gandeiros, feito que
non ocorría desde hai 30 anos. Este dato supón que nos últimos 12 meses a cotización do leite descendera un 25%, situándose arredor dos 34,5 céntimos o litro, mentres o incremento dos custos de produción se mantén no 40%, provocando unha situación afogante para as explotacións.
Os representantes das organizacións agrarias tamén subliñaron as modificacións sustanciais por parte das industrias dos baremos de calidade e de cantidade. A prima de cantidade, que ten que vir determinada pola media do 2008, reducíronlla a máis do 70% dos produtores.
Baixada inmediata dos pensos
Doutra banda, UU.AA e XX.AA advirten que tamén actuarán con contundencia contra os fabricantes de pensos se non trasladan inmediatamente aos gandeiros as baixadas dos cereais, que acadan un 19%. Comentaron que fronte ás compras apalabradas hai fórmulas como o prorrateo para a redución de prezos.
Para ámbalas organizacións, o sector lácteo de Galicia ten que ser considerado polas administracións como estratéxico, porque se trata dun segmento que factura por produción máis de 900 millóns de euros e que soporta a actividade económica de máis do 50% dos concellos galegos, onde o resto das actividades son complementarias e xiran en torno ao eixo lácteo.
Unións e Xóvenes subliñan que resulta irracional e anacrónico que en pleno século XXI o sector lácteo non conte cunhas relacións interprofesionais normalizadas e estables dentro dun marco contractual referenciado con criterios de mercado obxectivos. Neste contexto, apelan aos contratos homologados como a única ferramenta para a viabilidade do sector.
Demandas ás administracións
Ante esta grave situación que están a vivir as 13.000 explotacións leiteiras que sobreviven en Galicia, as organizacións agrarias instan aos gobernos a que poñan en marcha un Contrato Homologado único para todo o Estado, con prezos baseados en índice obxectivos.
Que garantan a recollida de todo o leite a prezo de mercado, independentemente de que se comercialice de xeito individual ou a través de cooperativas. Tamén lle demandan ás administracións que activen medidas de intervención que permitan retirar leite dos stocks almacenados. O control das importacións para evitar as prácticas ilegais de dumping de países excedentarios como Francia. A trazabilidade dos produtos lácteos, xa que o consumidor ten dereito a saber a procedencia do que consume.
Así mesmo, solicitan un novo plan lácteo que contemple medidas económicas para os produtores e que posibilite as xubilacións anticipadas, plan de abandono e supresión das retencións. Nesta Liña, pídenlle ao Tribunal de Defensa da Competencia que actúe contra os fabricantes dos pensos se no repercuten de inmediato as baixadas das materias primas aos gandeiros, así como contra as prácticas de dumping de industrias e distribución.
As centrais tamén piden a alianza do consumidor co produtor para que as desorbitadas marxes comerciais, que case ten en exclusiva a distribución, se repartan ao longo da cadea.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



