Sanjurjo cre que “para a reforma do Hospital Asilo deberían aparecer no orzamento fondos Next Generation, pero o goberno local non os solicitou e agora prefire pedir colaboración extraordinaria á Xunta”
Ribadeo, 28 de novembro de 2022. O Grupo Municipal Popular de Ribadeo abstívose na votación para a aprobación dos orzamentos municipais para o vindeiro ano 2023 ao consideralos “o conto da leiteira” porque os ingresos baséanse nunha “estimación”, tal e como advirte o informe da interventora. “Trátase de ingresos que, para o Grupo Municipal Popular, non se deberían incluír porque teñen que ver co aumento de ingresos polo ICIO e a taxa de licenza urbanística do parque eólico Mondigo para o que nin sequera está solicitada a licenza”, sinala a concelleira Begoña Sanjurjo. Tamén se inclúe nos ingresos outra estimación: a do prezo público do Hospital Asilo.
As dúas inversións que destaca o goberno local do BNG son aquelas para as que o Grupo Municipal Popular xestionou orzamento: o novo centro de saúde e a reforma do Hospital Asilo. “O goberno local destaca 101.000 euros para a compra dos terreos para o centro de saúde, pero trátase doutra estimación porque contan sacalos dunha posible poxa de inmobles propiedade do Concello; pero se non se cubre ou non se venden, o orzamento dispoñible será 0”. Nese caso, os populares pregúntanse se o goberno local recorrerá a un crédito para adquirir os terreos. Só faltaría que despois de que o Grupo Popular lle fixera o traballo de xestionar 3,8millóns para un novo centro de saúde o goberno do BNG non sexa capaz de poñer os terreos”, incide.
Sobre a reforma do Hospital Asilo que o goberno local define como “compromiso coa cidadanía”, a concelleira popular lembra que “tivo que estar azuzando o Grupo Municipal Popular; senón igual aínda estaba nun caixón”. De feito, Sanjurjo cre que “deberían aparecer nos orzamentos fondos Next Generation solicitados e aprobados porque a FEGAMP informou ao goberno local dunha subvención dentro do Fondo Europeo de Recuperación, Transformación y Resiliencia que podía chegar incluso a 1,2 millóns; pero que o goberno do BNG non solicitou. Agora, solicitan fondos a través de convenios extraordinarios e queren que a Xunta lles axude por unha vía especial: a vía ordinaria debeulles parecer pouco chamativa. É penoso que non soliciten axudas e despois que choren porque non lles dan”. Con todo, “a Xunta está comprometida coa cidadanía e estará ao lado dos nosos maiores e das súas familias, ignorando a mala xestión do equipo de goberno”.
Tamén critica a concelleira popular a falta de xestión por parte do goberno do BNG en relación aos fondos Next Generation. Xa que non hai nada reflectido no orzamento, Sanjurjo pregúntase cantos proxectos e canto diñeiro público aproveitará Ribadeo. Igualmente, sinala que “se houbera outra inversión destacable cofinanciada por algunha administración aparecería nos presupostos”.
AS INVERSIÓNS SOBEN MENOS QUE O IPC
A popular explica que “se trata duns orzamentos un 8% máis altos que os do 2022 debido ao aumento que lle corresponde ao Concello polo reparto dos tributos do Estado, pero que non se notará ningún incremento da inversión porque está todo, como mínimo, un 9% máis caro que fai un ano. Soben as inversións menos que o IPC”. É máis, Sanjurjo lamenta que as inversións contempladas no orzamento de Ribadeo sexan só un 10% do total do orzamento”.



















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



