Lourenzá, 1 de decembro de 2022. Reunido o xurado do IV Certame de Teatro Concello de Lourenzá deu a coñecer os nominados aos premios das distintas categorías.
Os elixidos son estes:
Para o premio Conde Santo á mellor representación (dotado con 750 euros e trofeo): Catre Teatro, de As Pontes, coa obra Fátum; Ollomao, de Barreiros, coa obra O documento; e Os Palimoquiños, de Lugo, coa obra E se todo se reducise ao amor.
Para o premio Lourenzo ao mellor actor (dotado con trofeo): Dani García, de Ollomao, de Barreiros; Xacobe Martínez, de Os Palimoquiños, de Lugo; e Xulio Leal, de Avelaíña, de Pontevedra
Para o premio Ana á mellor actriz (dotado con trofeo): Carolina Díguele, de Catre Teatro, de As Pontes; Luisa Oroza, de Adala Teatro, de Fazouro (Foz); e Miriam Bouso, de Ollomao, de Barreiros.
Para o premio á mellor posta en escena (dotado con trofeo): Catre Teatro, de As Pontes, por Fátum; Ollomao, de Barreiros, por O documento; e Os Palimoquiños, de Lugo, por E se todo se reducise ao amor.
Para o premio ao mellor actor de reparto (dotado con trofeo): Juan Rodríguez, de Ollomao, de Barreiros; José Miguel Lamigueiro, de Catre Teatro, de As Pontes; e Ramón Ángel Ares, de Ollomao, de Barreiros.
Para o premio á mellor actriz de reparto (dotado con trofeo): Noelia López, de Ollomao, de Barreiros; 3 Nornas (María José Alonso, Dolores Alonso e Carolina Díguele), de Catre Teatro, de As Pontes; e Olga Chamoso, de Quemaistén Teatro, de As Pontes.
Para o premio especial do público (dotado con trofeo) as tres representacións máis votadas polo público son as de Adala Teatro, de Fazouro, por Vivan os noivos; O Centiño, de San Martiño, por A morte morrida; e Ollomao, de Barreiros, por O documento.
O xurado estivo presidido polo concelleiro de Cultura, Manuel Arango, e formado por Fina González, Miguel Gavín, María Cruz Valea, Javier Huertas e María José López, que actuou como secretaria.
A entrega de premios terá lugar na gala que se celebrará o próximo 17 de decembro ás 20 horas no Multiusos Ponte de Cuñas. Neste evento representarase a obra Poeta en Nova York, de Teatro Baixo da Area, para o que o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo.






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



