O Congreso aprobou ter en consideración unha proposición de lei orgánica que reformará o Código Penal (CP) suprimindo os delictos de sedición e modificando o réxime dos delictos de desordes públicas. Tamén modificará o réxime dos delictos de calote (estafa), desfalco (apropiación indebida), falsidades e administración desleal para incorporar os conceptos comúns europeos na incriminación do uso fraudulento de cheques de viaxe e cartóns de crédito e adebedamento.
Xa dixemos hai poucas semanas nestas páxinas que a derrogación dos delictos de sedición era obrigada á vista do Dereito penal comparado dos demáis Estados da Unión Europea e USA, que descoñecen a sanción penal de condutas políticas non violentas nin intimidatorias, mesmo as incompatíbeis coa legalidade constitucional. Esta derrogación suporá a imposibilidade de seguer a reclamar xudicialmente por este delicto (si por malversación impropia- que é a que non se fai no proveito de seu- de diñeiro público) a Carles Puigdemont e aos seus conselleiros e conselleira Toni Comín, Clara Ponsatí e Lluis Puig. Porque de ningún xeito pódese tipificar a súa conduta constitutiva de desordes públicas nin doutros delictos alternativos. Xa que logo, a “boutade” do Goberno de Pedro Sánchez fachendeando de que esta reforma habería traer Puigdemont perante a xurisdición española cualifícase por si propia e non fai máis que afortalar a estratexia procesual do xironés e dos seus conselleiros e conselleira perante os Tribunais europeos de Luxembourg ( UE) e de Dereitos Humanos en Strasbourg.
Agora ben, a reforma dos delictos de desordes públicas mantén un artigo no CP que segue a punir condutas non violentas nin intimidatorias como delictos de desorde pública, cando un grupo de persoas ocupe sen permiso do seu titular locais, escritorios ou oficinas públicas ou privadas, mesmo as que estiver abertas ao público na altura. Trátase de condutas que non haberían constituir delictos, agás que se dean quer o elemento de violencia (vis absoluta) ou o de intimiddación (vis intimidatoria).
Sen dúbida a maioría da investidura, que quitou adiante esta proposta no seu debate limiar, habería suprimir este delicto residual de desordes públicas sen violencia, como tamén facer cumprir a este Goberno as súas promesas incumpridas na derrogación da chamada lei mordaza e máis dunha pena incompatíbel coas finalidades constitucionais de rehabilitación, como é a prisión permanente revisábel. Pena que constitúe a máxima expresión dun populismo punitivo que sobrancea na dereita española e comeza sobrancear en amplos sectores da esquerda española.




















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



