A Mariña, 5 de decembro de 2022. No contexto do Plan de Sostibilidade Turística, a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucensevén de realizar na pasada semana dúas xornadasde traballo con axentes públicos e privadosdo sector, na que participaron máis de 30 representantes de Concellos da Mariña, do GDR Terras de Miranda, do GALP A Mariña – Ortegal, de Turismo de Galicia, da Deputación de Lugo, do IES de Foz, de aloxamentos de diversa tipoloxía, de artesanía, de guías e turismo activo e deportivo.
O presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, explicou que “o motivo destes encontros está relacionado coaelaboración doPlan Estratéxico e Operativo de Marketing Turístico para A Mariña Lucense, un traballo que permitirárevisar e definir o modelo turístico e de posicionamento da Mariña, que establecerá a estratexia de mercados e a súa priorización, revisará a carteira de produtos actuais e potenciais e definirá as fórmulas de promoción máis axeitadas para o destino e os seus produtos. Tamén proporá o Plan Operativo de Marketing 2023-2025, desplegando, definindo e calendarizando accións e iniciativas”.
Cajoto Caserío sinalou que “ademais desta xornada e co obxectivo de mellorar o aspecto da gobernanza no destino, dende a Mancomunidade véñense impulsado ao longo destes meses, outra serie de actuacións relacionadas coa participación dos axentes do territoriovinculados á actividade turística como reunións, envío de cuestionariospara coñecer traballos realizados, opinións, potencialidades, fraxilidades e necesidades sobre actuacións relativas ao turismo deportivo e de natureza, o Camiño do Mar, a Ruta Pardo de Cela, sinalización turística e experiencias de turismo slow, entre outras”.
E engadiu que “dentro do PST na Mariña Lucense dende a Mancomunidade estase contemplado ampliar esta participación á cidadanía en xeral, tendo en conta a turistas e residentes”.
O Plan de Sostibilidade Turística (2022-2024) está cofinanciado pola SETUR, Turismo de Galicia e os Concellos que compoñen a propia Mancomunidade co apoio da Deputación de Lugo.






















Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



