Foz, 14 de decembro de 2022. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, solicita unha reunión urxente á conselleira de Política Social e presidenta do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Fabiola Martínez, para demandar a entrega da propiedade da residencia de maiores focega ao Concello ante “o abandono de responsabilidades por parte da Xunta de Galicia”.
O rexedor municipal de Foz explica que “a Xunta desenténdese descaradamente dunha residencia da que é propietaria. A conselleira leva a Foz a un calexón sen saída: o convenio asinado finaliza en xaneiro e a Xunta non quere xestionar o seu propio edificio pero tampouco dá solucións. Voulle demandar de forma clara e rotunda á conselleira que nos entregue a propiedade do edificio: se a Xunta non asume as súas propias competencias que nos deixe a nós facelo, pero con todas as da lei”.
O alcalde de Foz admite sentirse “frustrado e indignado” coa Xunta de Galicia e cun Consorcio Galego de Igualdade e Benestar que “a pesar de estar integrado tamén polos concellos ningunea aos municipios e segue unicamente as directrices de Santiago. Abrímoslle as portas á conselleira. Visitou a residencia, xestionada polo Concello, en dúas ocasións. Demandeille reiteradamente unha ampliación das prazas da residencia, un novo edificio porque só dispoñemos de 40 camas e hai 130 maiores en lista de agarda. Non resolveu nada e agora tampouco quere xestionala finalizado o convenio cando é a súa obriga, a súa responsabilidade”.
Fran Cajoto engade que “o 1 de decembro do 2020, ás 7.57 horas e con número de rexistro en destino 2020/2339, o Consorcio recibiu a notificación do acordo plenario do 26 de novembro dese ano. Un acordo plenario aprobado por unanimidade, cos votos favorables do Partido Popular, no que se lle recordaba ao Consorcio que a partir do ano 2023 debían xestionar a residencia de Foz, xa que vencía o convenio asinado no 2018. Non fixeron absolutamente nada e seguen sen facelo. Isto quedará na conciencia de cadaquén. Espero que non poñan máis escusas. Se non van colaborar coas veciñas e veciños de Foz, se non interesamos, se non queren xestionar, que se aparten e nos entreguen a propiedade do edificio, o que se coñece como mutación demanial subxectiva. Farémolo nós, con menos recursos e máis esforzo, pero cun compromiso claro e evidente de servizo público”.
O alcalde recoñece que “a primeira opción foi sempre que a residencia volvese ao seu lexítimo propietario, o Consorcio, o que suporía unha residencia verdadeiramente social, cun custe menor para os usuarios residentes, de só unicamente o 80 por cento da súa pensión. Pero, ante a absoluta falta de responsabilidade da Xunta de Galicia, o Concello demanda a titularidade do edificio, para poder facer a mellor xestión posible: ademais da reunión solicitada imos levar a pleno a demanda ao Consorcio Galego da transmisión da titularidade do edificio da residencia. Esperemos que a actitude do Partido Popular de Foz cambie e apoie a proposta da Alcaldía, que axude en algo a este concello, precisamente coa administración na que deberían ter capacidade de influencia”.
O rexedor municipal de Foz quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade aos usuarios e traballadores da residencia: “os traballadores teñen e terán sempre dereito de subrogación. Os usuarios van a continuar na residencia, que é o seu fogar. Esperemos que a Xunta resolva rápido e non xere máis incerteza nunha concesionaria que vai a continuar a prestar o servizo cun contrato xa esgotado. Traballadores e residentes non merecen isto”.
O alcalde de Foz conclúe: “somos e seremos responsables, agardamos que a reunión solicitada se celebre de forma urxente e que se desbloquee unha situación inverosímil: o abandono da Xunta dun servizo propio nun edificio que ademais é da súa propiedade”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



