Lugo, 20 de decembro de 2022. A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro participou esta mañá nun foro sobre o sector escénico galego, organizado por Escena Galega en Carballo, no que se expuxeron as políticas culturais dirixidas a promover a programación teatral en contextos non urbanos.
Na mesa, Maite Ferreiro sinalou “a colaboración das asociacións e colectivos culturais á hora de espallar por todo o territorio as diferentes programacións organizadas pola área de Cultura”, que se concretan, no ámbito escénico, nos circuíto de teatro profesional e teatro amador, que abeiraron máis de 120 representacións nos distintos concellos durante este ano.
A vicepresidenta da Deputación, que debullou as programacións as liñas de traballo da área de Cultura e remarcou a necesidade de “traballar para futuro con iniciativas que asenten hábitos culturais desde a infancia, puxo énfase na importancia de “preservar a xestión cultural no ámbito público” e de “crear programacíons participativas, abertas e diversas, nas que se teña en conta a perspectiva de xénero e reforcen a normalización do galego”, concluíu.
No foro, convocado baixo o título Retos do asociacionismo profesional como un dos eixos vertebradores do sector escénico galego, participaron o deputado de Cultura, Políticas de igualdade de Xénero e Normalizacíon Linguística Xurxo Couto, a deputada de Cultura e Proxectos Audiovisuais de Ourense, Patricia Torres, e a deputada de Cultura e Igualdade de Pontevedra, Victoria Alonso.

























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



