O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe en Viveiro as instalacións de RegalXunqueira, onde subliñou a importancia do sector artesán na dinamización cultural e económica
Viveiro, 11 de xaneiro de 2023. O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá as instalacións de RegalXunqueira, do artesán ceramista Alfonso Otero Regal, onde destacou que a traxectoria deste obradoiro é un exemplo do papel vertebrador da Artesanía de Galicia, e a importancia do sector artesán na dinamización cultural e económica.
Regal Cerámica, cuxa traxectoria se iniciou na década dos 70 e que celebrou en 2022 os 40 anos como obradoiro, vende as súas pezas en tendas especializadas e galerías de toda España, parte de Europa, América e Asia. A empresa ten participado en diferentes programas da Xunta de Galicia para impulsar a dixitalización e a modernización, o fomento da comercialización, ou a formación de aprendices.
Ademais, o complexo cultural e museístico RegalXunqueira, que hoxe coñeceu Francisco Conde, consolidouse como un referente para a cerámica en Galicia, tanto na súa aplicación utilitaria como na súa vertente artística.
Durante a visita, o vicepresidente primeiro apuntou que a marca Artesanía de Galicia, que engloba a 789 obradoiros que realizan 88 actividades artesanais diferentes, é recoñecida a nivel nacional e internacional como sinal de calidade, representando a innovación e a tradición que van da man no sector artesán galego.






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



