Ribadeo, 11 de xaneiro de 2023. Acisa recibiu hoxe a visita do vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, co que mantiveron un encontro a presidenta e o xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. Tamén participaron na xuntanza o director xeral de Comercio, Manuel Heredia, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o deputado autonómico Daniel Vega.
Francisco Conde ratificou o compromiso da Xunta co sector do comercio en Galicia e visitou dous establecementos asociados Ginzo Hombre-Mujer e Hola Ola, nos que puido pulsar o funcionamento do Bono Activa Comercio.
É a primeira vez que un vicepresidente da Xunta visita e se reúne coa directiva de Acisa. O seu xerente, Jesús Pérez, declarou que “estamos agradecidos de recibilo nas nosas instalacións e de poder facerlle chegar as necesidades da asociación e tamén todo o traballo que estamos a realizar”. E engadiu que “puxemos en valor as axudas da Xunta ao comercio en xeral e a Acisa en particular”. A visita de Francisco Conde veu motivada polo accésit que lle foi concedido a Acisa en 2021 nos Premios Nacionais de Comercio, en recoñecemento ao traballo realizado ao longo dos últimos cinco anos.
Carmen Cruzado sinalou que “fixemos fincapé na importancia que teñen as axudas públicas das administracións para as asociacións como a nosa, xa que sen elas non teríamos capacidade para organizar moitas das actividades que se levan a cabo nin de prestar o asesoramento e o apoio ás nosas asociadas e asociados”.
Acisa fíxolles entrega dun agasallo conmemorativo aos responsables autonómicos cos que mantivo un encontro no día de hoxe.
Francisco Conde visitou tamén Lencería Manuela Torviso, na rúa San Francisco, que neste 2023 celebrará o seu 40 aniversario, onde departiu coa súa propietaria e empregadas.























O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este venres o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
O sábado tivo lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



