Nos vindeiros días procederase a acondicionar o firme diante do antigo edificio das Cabalerizas que hoxe alberga o Centro de Emprendemento e Artesanía, limitando o seu tránsito exclusivamente para uso peonil
Cervo, 13 de xaneiro de 2023. O Concello de Cervo está a realizar unha mellora integral no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, como lugar emblemático do municipio polo seu gran valor natural e patrimonial.
Neste sentido, a administración local vén de crear un novo aparcamento público, coa colaboración da Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, nunha parcela municipal situada na parte traseira do antigo edificio das Carboeiras, que supuxo un investimento de preto de 70.000 euros, e que ten capacidade para máis de 50 vehículos.
Tal e como explicou o rexedor, Alfonso Villares, que estivo supervisando as obras acompañado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, do delegado territorial da Xunta, Javier Arias, da tenente alcalde, Dolores García Caramés, e do edil de Turismo David Rodríguez, “este novo aparcamento foi concibido co obxectivo de seguir a traballar na posta en valor de toda esta contorna privilexiada” con elo imos conseguir o obxectivo de “eliminar a presenza de vehículos das marxes da vía principal para mellorar a seguridade e tamén o impacto visual nesta zona”. Unha vez rematado este aparcamento -que xa está habilitado ao tráfico- as persoas que visiten o Conxunto Histórico xa teñen unha alternativa real e práctica para estacionar os seus vehículos sen interferir na panorámica da zona.
A liberación de tráfico desta estrada permitiranos –engadiu Villares- facer máis atractiva a visita a este enclave, que é un dos puntos con maior valor turístico e patrimonial do noso municipio. Para este fin, nos vindeiros días procederase a acondicionar o firme diante do antigo edificio das Cabalerizas que hoxe alberga o Centro de Emprendemento e Artesanía, limitando o seu tránsito exclusivamente para uso peonil.
Villares recordou ademais, que esta nova infraestrutura pública que conta co aval de Patrimonio, tamén servirá para potenciar os negocios establecidos neste espazo para o emprendemento que impulsamos desde o Concello de Cervo, xa que “permitirá aumentar a afluencia de visitantes ao verse incrementadas as posibilidades de estacionamento na zona”.
E é que na actualidade, o Conxunto Histórico e Artístico de Sargadelos é un dos puntos con máis afluencia de visitantes do municipio. Dende a creación do centro de emprendemento, que nestes intres frecuentan 7 negocios artesáns, a localización veu incrementado o seu potencial turístico, sendo un punto de visita obrigada para os visitantes ao longo de todo o ano.




























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



