Foz, 13 de xaneiro, 2023. Así o anunciou esta mañá o delegado do goberno, José Miñones. Nas vindeiras horas, está prevista a saída do helicóptero Pesca II do Servizo de Gardacostas de Galicia co fin de realizar as necesarias inspeccións polo litoral, na procura de pistas sobre a localización do home.
Tamén participan nos rastrexos membros e cans de rescate de Casaga (Ferrol), e integrantes do GES de Cervo, así como voluntarios de Protección Civil a axentes de Policía Local e Garda Civil.
De feito, o xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, contactou cos inspectores ao mando do operativo de busca para prestar a colaboración necesaria. Así, nas vindeiras horas, incorporarase a aeronave do servizo da Consellería do Mar para dar o relevo aos helicópteros da Garda Civil, que xa sobrevoan a zona.
Igualmente, non se descarta que se poidan sumar máis medios e recursos no momento no que sexan necesarios.
O 112 Galicia tivo coñecemento da desaparición deste veciño de 87 anos de idade e de iniciais A. E. R. do Camiño da Vía, en Cangas de Foz, onte pola tardiña (19 horas), tras recibir a chamada dun familiar que advertía da súa falta. A partir de aí, púxose o caso en coñecemento dos corpos de seguridade, do GES de Cervo e das autoridades locais.
Deste xeito, iniciouse a busca, que foi interrompida durante a madrugada para retomarse coas primeiras luces do día, segundo as indicacións da Garda Civil.






















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.