NOTA DE PRENSA:
O Planeamento que utiliza a Xunta para elaborar o POL non se corresponde co que está en vigor en Foz
Os nacionalistas denuncian que a Xunta só permite usos residenciais na Vila
Foz, 23 de agosto de 2010.- O Plan de Ordenación do Litoral, actualmente en fase de aprobación inicial e xa que logo exposto a exposición pública, só permite usos residenciais no ámbito da vila de Foz, pasando a clasificar o solo no resto do Concello ben como solo urbanizable, ben como solo rústico. Segundo explicou Xoán Carlos González Basanta “é gravísimo que a clasificación do solo que se fai no POL non se corresponda coa que se establece co planeamento en vigor, a diferencia do que se establece no propio POL é que acontece no resto dos Concellos. Mesmamente o feito de que o POL non permita usos residenciais en lugares que o Planeamento si que os autoriza determina para o Concello de Foz unhas determinacións e proteccións que non lle corresponden coa normativa do mesmo na man”.
Os nacionalistas informaron que a cartografía do Planeamento que recolle o POL só fixa como urbano a parte da vila que ten esa consideración nas NSP do 81 ademais das dúas bolsas de urbanizable que existen na vila, clasificando como urbanizable parte de Vilaronte, Fazouro e Cangas, e clasificando directamente como solo rústico de protección ordinaria núcleos como Cordido, Mañente, Vilachá, A Pradeira, Forxán, Nois ou A Espiñeira.” Non é de recibo que a Xunta estableza no POL un Planeamento para Foz distinto do que está en vigor” afirmou Basanta quen denunciou que “a pesar de que núcleos como Vilaronte, Cangas, Fazouro ou Nois, teñen a consideración de Solo de Núcleo Rural no planeamento municipal, na totalidade da cartografía do POL referida a Foz non aparece nin unha bolsa só de solo de núcleo”.
Na mesma liña o Portavoz Nacionalista considerou “unha autentica tomadura de pelo que a totalidade das vivendas de Nois, Cordido ou Forxán se deixen fóra de ordenación, ou que siga sen recoñecerse coa consideración de urbano o Parque Empresarial de Fazouro, ou que as vivendas que en Cangas, Vilaronte ou Fazouro non se deixan fora de ordenación, sexan incluídas en polígonos de solo urbanizable non delimitado, con solos suxeitos a ser desenvoltos a través dun Plan Parcial, por medio de polígonos”. ”Hai que ter en conta que só o solo que ten a consideración de urbano ou de núcleo rural está excluído das determinacións do POL, polo que Foz é o Concello de toda a costa galega desde Ribadeo ata Ferrol onde máis afección ten este documento” recalcou o nacionalista.
Basanta recordou que “nas reunións que mantivemos co Sr. Borobio os representantes da Corporación focega, os técnicos municipais e os redactores do Plan, fixemos fincapé en que o POL recoñecese os núcleo rurais, mesmamente el recoñeceu que tiña as delimitacións do solo de núcleo rural no Concello, pero agora nos encontramos que a situación é hoxe peor que cando se achegou o avance do POL ao Concello. Non pode ser que a Xunta non teña o Planeamento de Foz, porque entre outras razóns está colgado na propia páxina da Dirección Xeral de Urbanismo, polo que é necesario que os representantes da Xunta expliquen que criterios seguiron para non permitir usos residenciais fora do casco urbano e en todo caso darlle unha solución a esta situación”.
O Portavoz do BNG de Foz anunciou que “solicitará unha xuntanza da Comisión de estudo do POL que está creada na Corporación, posto que diante desta proposta da Xunta de Galiza temos que proceder a redactar as alegacións oportunas e determinar o alcance preciso que esta proposta de ordenación ten para o Concello. Asemade é necesario volver a reunirse con Borobio para buscar unha solución ao problema que se formula, sendo preciso se cadra volver a someter de novo o POL no caso de Foz a unha nova exposición pública, porque partindo do Planeamento en vigor e non o que a Xunta se saca de non sabemos onde, a proposta de ordenación que fixa o POL sería totalmente distinta”.


















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



