O Secretario Xeral, José Tomé Roca, mostrouse convencido no Comité Provincial celebrado este sábado de que o PSdeG gañará os comicios “porque temos un gran partido e porque a xestión dos nosos alcaldes e alcaldesas foi exemplar, son realmente o orgullo e forza da nosa organización”
Lugo, 21 de xaneiro de 2023. Os socialistas da provincia afrontan con forza e optimismo ás vindeiras eleccións municipais. Así o manifestou o Secretario Xeral do partido na provincia, José Tomé Roca, no Comité Provincial celebrado este sábado en Lugo, no que remarcou que “as políticas socialistas son a única arma de esperanza para unha grande maioría social que tamén ten dereito a unha vida digna e a poder avanzar en igualdade, dereitos e oportunidades”.
O líder socialista dixo na súa intervención diante dos militantes “que no noso ADN político están a liberdade e a igualdade e tamén o benestar de todas e de todos, especialmente daqueles que máis necesitan da política e da democracia para vivir dignamente. Temos, pola contra, unha dereita españolista e excluínte, a dereita do PP de Feijóo que nin está nin se lle agarda”.
En clave municipal dixo que “debemos saír con forza renovada iniciando un tempo de traballo continuado ata o 28 de maio, onde teremos que afrontar o desafío de reforzar o noso liderado municipal e consolidar a confianza maioritaria dos nosos veciños. E incidiu, “partimos dunha situación orgánica e institucional que nos sitúa como primeira forza política da provincia, gobernamos o maior número de cidadáns, un gran número de concellos, as principais vilas e centros comarcais, a capital e a propia Deputación Provincial”. “Contamos con máis de 300 cargos públicos, o poder inesgotable da militancia, con máis de 2.000 militantes, e un apoio social importante, apoio que deberemos engrandecer para acadar os resultados necesarios para este proxecto de progreso e modernización que ambicionamos como partido dos socialistas lucenses”.
Obxectivos municipais
Tomé Roca marcou os obxectivos de cara ás eleccións municipais. “Temos un gran partido, temos xestión máis que suficiente e temos uns obxectivos electorais claros que acadar nas eleccións de maio. Queremos presentar candidatura socialista nos 67 concellos da provincia, acadar representación municipal en tódolos concellos, manter e reforzar as alcaldías actuais, sumar novas alcaldías e por ultimo, asegurar a continuidade dun goberno de esquerdas e presidido por socialistas na institución provincial”.
Recortes do PP
O líder socialista criticou ás políticas de recortes do PP. “Nada xustifica a falta de médicos, pediatras e mestres ou peche o de escolas e centros médicos, tampouco a insuficiencia de prazas en residencias públicas de maiores. E si falaramos das infraestruturas autonómicas, onde quedan a Ronda Leste de Lugo, a Vía de Alta Capacidade da Costa ou o Porto Seco de Monforte? Ou onde están os miles de rapaces suficientemente preparados e obrigados a emigrar (200.000) ou os miles e miles de empregos destruídos nestes anos de Goberno popular?”
Tamén puxo en valor o traballo do Goberno de Pedro Sánchez, “que tivo que afrontar as dramáticas consecuencias dunha pandemia descoñecida e dunha guerra”. “Como socialistas podemos sentir orgullo de telo feito con serenidade e firmeza, co maior escudo social da nosa historia para protexer ás familias, e tamén apoiar ao tecido empresarial. Nós non somos a dereita, nós non somos como o PP que noutros tempos tamén de crise, naqueles do Rajoy e compañía, reaccionaban aplicando recortes sociais, rescatando bancos ou subindo impostos”, incidiu.
Medidas progresistas
O Secretario Xeral argumentou que “este país avanza porque os socialistas traballamos na protección das clases traballadoras e das familias máis vulnerables con medidas económicas e sociais que inciden directamente na mellora da súa vida”. E citou a modo de exemplo a gratuidade no transporte ferroviario de proximidade, as rebaixas no transporte público (ata un 50%), os descontos nos prezos dos combustibles, a redución no IVE eléctrico, o bono social eléctrico e térmico, a redución no IVE de alimentos básicos, a bonificación de combustible ao transporte, agricultura e pesca, o aumento das becas e axudas directas a rendas baixas, o aumento do Ingreso Mínimo Vital (15%), a revalorización das pensións (8´5%), ou a paga solidaria (200€) para familias.
Xestión exemplar dos Alcaldes socialistas
Po último, enviou unha mensaxe a toda a militancia: “imos gañar as eleccións municipais, porque temos un gran partido e porque a xestión dos nosos alcaldes e alcaldesas foi exemplar, son realmente o orgullo e forza da nosa organización. Imos gañar estas eleccións municipais, imos gobernar máis concellos nesta provincia e de novo gobernaremos a Deputación provincial. O noso partido ten que actuar coma un instrumento de acción electoral, social e política, traballo, traballo e máis traballo. Hai que seguir traballando, a ilusionar e a seguir construíndo provincia, a seguir construíndo país”, incidiu.



















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



