Ribadeo, 23 de xaneiro de 2023. O Concello fíxose coa propiedade de varias vivendas en estado ruinoso en Cabanela. O obxectivo é dedicalas ao aluguer para a xente moza. Catro deses inmobles eran do Bispado Mondoñedo-Ferrol. O alcalde, Fernando Suárez, e a concelleira Mónica Freire reuníronse nas últimas horas co titular da diocese, Fernando García Cadiñanos.
O rexedor dixo que “desde o Concello queremos dar un novo impulso á recuperación do noso patrimonio, da nosa historia e poñela ao servizo da nosa xente. E todo isto facémolo co diálogo e coa leal colaboración daquelas persoas ou entidades que responden á nosa chamada para buscar o ben común”.
Suárez Barcia contou que “nestes días frutificaron os acordos nos que levamos tempo traballando con discreción para seguir facendo do noso casco vello un modelo de recuperación. Queremos recuperar o barrio de Cabanela. Este barrio foi unha das orixes medievais do que hoxe se coñece como Ribadeo, pero lamentablemente leva decenios en total abandono”.
O alcalde indicou que “para iso, falamos cos lexítimos propietarios desas vivendas para que no las vendesen. Houbo unha compravenda a unha familia, á que lles estamos moi agradecidos. E tamén houbo cesións. Neste caso doutra vivenda por parte doutra familia e logo a entrega de catro edificacións por parte do Bispado de Mondoñedo-Ferrol por seren da súa propiedade. E vaia tamén o noso agradecemento”.
Fernando Suárez manifestou: “e a cidadanía preguntarase, para que queremos esa cantidade de construcións en estado totalmente ruinoso?. Pois para engadilas a outras dúas que xa son das Administracións Públicas e poder iniciar así os trámites de reconstrución dese barrio para dedicalo ao aluguer de vivenda para xente moza de Ribadeo”.
O rexedor sinalou: “estamos convencidos de que este expediente que hoxe iniciamos, será unha auténtica revolución á volta dun tempo con ese emprazamento tan simbólico, tan histórico e tan útil. Tomar o pasado e proxectalo cunha potencia tremenda para o futuro. Iso é o que levamos anos facendo desde o goberno municipal de Ribadeo”.
E engadiu: “por iso queremos reiterar o público agradecemento a todas as persoas e institucións que colaboraron neste proceso, e especialmente ao Bispo de Mondoñedo Ferrol, Fernando García Cadiñanos, por aceptar desde o primeiro momento esta proposta que lle fixemos desde o Concello. Sabemos que a Igrexa e o Concello somos institucións totalmente diferentes. Pero o caso é que por camiños relixiosos ou laicos, as dúas partes puxémonos de acordo para chegar a un mesmo destino: traballar polo ben da nosa xente. Así o fixemos, e o resultado verase máis cedo que tarde”.




















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



