Para o delegado territorial acadar unha posposta conxunta que presentar aos traballadores era un asunto de gran importancia que esixe unha reunión previa e non de mero trámite como pretende o organismo provincial
Lugo, 24 de xaneiro de 2023. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, aclarou hoxe que a Xunta de Galicia non se negou a estudar a proposta do convenio colectivo dos bombeiros que integran o consorcio provincial, senón todo o contrario, explicando que solicitou en varias ocasións á Deputación de Lugo, con quen comparte a prestación do servizo, levar unha proposta consensuada que presentar aos traballadores, dada a importancia do asunto.
Javier Arias explica que nos escritos enviados desde a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, púxose a disposición da Deputación para desprazarse ata a sede de San Marcos as veces que foran necesarias, co obxectivo de analizar con tempo, seriedade e rigor a proposta de convenio colectivo deste consorcio.
Consideramos, sinala o delegado territorial, que o que esixe esta situación é unha reunión previa entre administracións e outra en datas posteriores co comité de empresa, e non dúas citas seguidas cunha hora de diferencia como se foran reunións de mero trámite. Ademais, explicou que seguimos dispostos a ter esta reunión para consensuar posturas.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



