Ribadeo, 26 de xaneiro, 2023. Alumnado de 1º de Bacharelato e de 4º da ESO do IES Ribadeo Dionisio Gamallo participou nunha actividade titulada “Prensa para pensar”, con Sara Carreira, xornalista de La Voz de Galicia e coordinadora do suplemento educativo La Voz de la Escuela e da web prensaescuela, na que o noso centro leva participando desde comezos do ano 2000.
Un dos obxectivos desta charla foi escoitar de primeira man a experiencia e o traballo dunha xornalista, coñecer os elementos principais da construción das noticias e aprender a distinguir os distintos ámbitos e recursos que compoñen a información que recibimos a diario a través de diferentes medios e plataformas de comunicación.
Parte deste alumnado (un grupo de 1º de Bacharelato e outro grupo de 4º da ESO) traballarán na redacción de dúas reportaxes que serán publicadas na web de prensaescuela, e na que participan tamén outros dezaseis centros de distintos lugares das catro provincias galegas.
Tamén aproveitamos a charla e os consellos de Sara Carreira para coñecer e decidir o reparto de responsabilidades do equipo de Embaixadores/as junior do Parlamento Europeo. O centro forma parte deste proxecto desde o curso 2019-2020 e ten, entre os seus obxectivos principais, a difusión de noticias relacionadas co Parlamento Europeo e a xuventude; e son os alumnos e alumnas os encargados de dinamizar a través das distintas plataformas informativas ao seu alcance os contidos que consideren máis interesantes e actuais.
Estamos convencidos de que esta actividade contribuirá na formación do noso alumnado na curiosidade da información e no sentido crítico necesario para discernir e valorar os argumentos e os contidos da realidade que se nos presenta desde moitas e variadas perspectivas.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



