Viveiro, 7 de febreiro, 2023. Logo de que o goberno socialista votase en contra, punto por punto, de todas e cada unha das propostas incluídas na moción do BNG sobre o proxecto para un “Viveiro ciclábel”, e logo de presentar rogos en agosto do 2020 e en febreiro do 2021 para poñer en marcha unha comisión de estudo para consensuar entre todas e todos as principais liñas de actuacións, continuamos á espera da devandita comisión que mesmo fora prometida pola alcaldesa na sesión plenaria na que votou en contra da proposta do BNG, e que en febreiro do 2021 volvía dicir que estaban a favor, pero que aínda non puideran creala…
Case tres anos despois resulta sorprendente que o concello de Viveiro, que aprobou no 2019 unha moción sobre o recoñecemento do estado de emerxencia climática e que incluía unha serie de medidas propostas polo BNG, continúe á cola da mobilidade en bicicleta, sendo isto un dos principais eixos de transformación urbana da última década.
Non é o BNG o que espera por esta comisión de estudo, son as nais e pais que xunto cos/as fillos/as van en bici polas beirarrúas, pola estrada, polo paseo. Son as veciñas e veciños que usan a bici para facer deporte, para ir o traballo, para ensinar as súas crianzas a facer un mundo máis sostíbel, máis humano e sociábel.
Unha vez máis o BNG exixe convocar na maior brevidade a este equipo de goberno, unha Comisión de estudo e seguemento para acordar liñas de actuación que favorezan un Viveiro ciclábel.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



