O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o Goberno galego leva investidos máis de medio millón de euros para habilitar un itinerario de peóns seguro neste núcleo de poboación
Foz, 7 de febreiro de 2023. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executar obras de ampliación de beirarrúas na estrada LU-162 en Cangas de Foz, en 125 metros entre os puntos quilométricos 11,125 e 11,250. foron ampliadas
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe a marcha dos traballos, que contan cun orzamento de 48.400 euros.
Lembrou que esta partida eleva a máis de medio millón de euros (504.300 euros) o investimento realizado polo Goberno galego na construción de case un quilómetro de beirarrúas neste núcleo de poboación focego, ao longo da citada estrada autonómica.
En concreto, con esta nova actuación complétanse 910 metros lineais de beirarrúa en cada marxe. Deste xeito, os veciños e veciñas dispoñen dun itinerario peonil seguro na travesía, desde o inicio da vía na intersección coa estrada N-642.
Arias destacou que o Goberno galego favorece unha mobilidade sostible mediante a construción de beirarrúas e sendas peonís que melloran a seguridade viaria, tanto para os vehículos como para os peóns.
O PP de Foz pon en valor a rapidez coa que a Xunta atendeu a petición da Asociación de Veciños e Montes de Cangas para executar este último tramo das beirarrúas da LU-162
O portavoz municipal do Partido Popular, Javier Castiñeira, “indica tal como nos anticipou no seu día o delegado da Xunta, Javier Arias, na reunión co grupo municipal popular, nesta semana comezaron os traballos dunha nova fase das beirarrúas de Cangas, concretamente na LU-162. Son parte dun proxecto que xa está executado na súa maioría; estando no goberno local o PP, en varias fases, construíronse preto de 800 metros de beirarrúas por cada lado; agora construiranse 220 metros lineais, divididos nos dous sentido”. Castiñeira explica que “así se completa unha obra de mellora da seguridade, especialmente para protección dos peóns; é unha obra que pediu a Asociación de Veciños e Montes de Cangas e que xestionou o PP, que a considera unha necesidade”.
Os populares agradecen “a dilixencia por parte da Delegación da Xunta de Galicia, concretamente pola Consellería de Infraestruturas”. Castiñeira destaca que o inicio dos traballos “é unha boa nova para esta parroquia, a máis grande que ten Foz, despois do núcleo urbano; é unha parroquia que ten case mil habitantes”. Lembra que “é unha das vías fundamentais para os veciños de Cangas e para os de Cordido”.
Castiñeira sinala: “O PP sigue traballando en positivo e o claro exemplo é a parroquia de Cangas: xestionamos a construción pola Xunta de gran parte destas beirarrúas cando estabamos no goberno local e seguimos facéndoas aínda estando na oposición”.






















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



