Con esta achega económica, Sogama quere cooperar nas tarefas de protección ambiental impulsadas polo goberno local, á vez que pretende amosar a súa gratitude ao Concello ao ter posibilitado a obra da planta de compostaxe
Cerceda, a 13 de febreiro de 2023. O presidente de Sogama, Javier Domínguez, e o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, rubricaron hoxe, na sede da empresa pública, en Cerceda (A Coruña), o convenio de colaboración, que estará en vigor durante 1 ano, e que rexerá o financiamento, por parte de Sogama, de proxectos de utilidade pública de marcado carácter ambiental orientados a mellorar o benestar e a calidade de vida dos cervenses.
En concreto, Sogama achegará ao ente local 148.233,39 euros, contía que se destinará á execución das obras correspondentes ao proxecto de Rede de Distribución de Abastecemento en Trasbar Fase 1. Con este desembolso, a compañía quere cooperar nas tarefas de protección ambiental e amosar a súa gratitude pola xenerosidade do Concello ao posibilitar a obra da planta de compostaxe, situada no polígono industrial de Cuiña, que tamén estará ao dispor dos municipios máis próximos, axudándolles a dar debido cumprimento ás directrices europeas en materia de residuos.
Neste sentido, cabe lembrar que Europa esixe aos entes locais que teñan implantada a recollida diferenciada da materia orgánica a través do quinto contedor, de cor marrón, antes do próximo 31 de decembro.
SERVIZO A 15 CONCELLOS
Unha vez concluída a obra da planta de biorresiduos de Cervo, a instalación, logo das correspondentes probas de carga, entrará en funcionamento durante este primeiro semestre de 2023, e pasará a formar parte da rede da rede de infraestruturas deseñada pola Xunta co fin de que a meirande parte dos municipios adheridos a Sogama teñan acceso á valorización da materia orgánica e dispoñan dunha planta de biorresiduos, ou de transferencia, a menos de 50 km de distancia.
A instalación ocupa unha parcela de case 8.000 m2 e dará servizo a 15 concellos do arco cantábrico galego, aglutinando estes unha poboación de máis de 69.300 habitantes. Así mesmo, acollerá todo o proceso de compostaxe (pretratamento, fermentación, maduración e almacenamento), disporá de capacidade para tratar 3.000 toneladas de materia orgánica cada ano, ás que habería que sumar 1.600 toneladas de material estruturante (podas e restos madeira), e producirá ao redor de 1.500 toneladas de compost que se destinará, como fertilizante natural, ao sector da agricultura e xardinería.
Igualmente, a planta estará alimentada por enerxías renovables, contribuíndo con isto á loita contra o cambio climático, e contará con novos e innovadores sistemas de depuración de augas e de aire, así como de redución do nivel de ruído, garantindo desta forma unha operativa respectuosa coa contorna máis inmediata.
Javier Domínguez comprometeuse co rexedor a apoiar a estratexia ambiental do Concello de Cervo, dado o seu especial compromiso coa contorna, así coma coa saúde e o benestar da veciñanza.






















A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



