Cervo, 16 de febreiro, 2023. Ata alí desprazouse, a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez que convidou á veciñanza a facer unha parada neste punto informativo “que reforza a liña que vimos marcando desde o Concello de Cervo en materia de sensibilización ambiental que inclúe campañas como o Coida Cervo, un plan integral de reforestación con especies autóctonas en fincas municipais, a campaña de compostaxe doméstica ou a recente adquisición dun mini punto móbil que imos desprazando polas diferentes parroquias para facilitar a reciclaxe de pequenos residuos domésticos á cidadanía”, entre outras iniciativas didácticas.
Esta campaña, da consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia en colaboración con Ecoembes, busca fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e da reciclaxe.
O obxectivo é pois, – explicou Méndez- “orientar e axudar á cidadanía a recoñecer correctamente os residuos que son obxecto de reciclado, así como animalos a realizar o seu depósito nos contedores correspondentes”























O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



