O proxecto consistiu na renovación do firme da rúa, o soterrado do tendido eléctrico e a dotación de beirarrúas e alumeado
Lugo, 16 de febreiro de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde de Foz, Francisco Cajoto Caserío, inauguraron este xoves as obras de urbanización da rúa Costa do Castro. Unha actuación moi esperada polo Concello mariñán e na que ambas institucións investiron para facela realidade un total de preto de 600.000€; dos cales a Deputación aportou o 80%, isto é, 466.880€, e o Concello, o 20% restante, que ascende a 116.720€.
“Esta actuación supón unha mellora de primeira orde en canto á mobilidade na trama urbana de Foz”, subliñou o Presidente, quen destacou que “se verá complementada coa construción do terceiro acceso á vila, ao conectar a N-642 co barrio de Marzán, un proxecto no que o Concello está a traballar co Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana”.
Detallou Tomé Roca que os traballos da rúa Costa do Castro consistiron na renovación do firme da rúa, o soterrado do tendido eléctrico e a dotación de beirarrúas e alumeado. Agora, grazas a este proxecto, a veciñanza “conta cunha vía urbanizada, en boas condicións”, pola que “pode pasear e desprazarse con comodidade e seguridade dende o centro da vila a servizos e lugares como o cemiterio, a residencia de persoas maiores ou o barrio de Marzán”.
Pola súa banda, Francisco Cajoto asegurou que esta é “unha obra moi importante para Foz, unha vella aspiración deste Concello, que levaba décadas esperando por un proxecto coma este”. O Alcalde sinalou tamén que ter rematada esta actuación “supón un paso decisivo de cara a mellora da mobilidade e de cara a vila que queremos e pola que estamos a traballar dende o Concello”.
Na inauguración, o Presidente e o Alcalde estiveron acompañados pola Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, concelleiros e concelleiras do Goberno local e veciños e veciñas de Foz.
Humanización da conexión do centro coa Rapadoira
Tras percorrer esta rúa, as autoridades supervisaron as obras que mellorarán a conexión entre o centro urbano e a praia da Rapadoira e a zona da hostalaría, para as que a institución provincial achega outro medio millón de euros. O Concello completa o investimento con 224.000€ para chegar a un orzamento conxunto de preto de 800.000€. Outra actuación “determinante” para a mobilidade e a accesibilidade de Foz.
As obras permitirán establecer un itinerario peonil cómodo e seguro entre o casco urbano e a Rapadoira, adaptado ás persoas con mobilidade reducida. Os traballos comezaron desde Trapero Pardo e foron avanzando cara o centro da vila. Consisten na instalación de novas canalizacións de abastecemento, rede eléctrica e alumeado público, con substitución das luminarias existentes na baixada das Casas Baratas e os farois nos viais da Praza de Galicia. Ademais, ampliaranse as beirarrúas e o tráfico terá un sentido de circulación, cara a praia.
O mandatario provincial asegurou que as dúas actuacións “enmárcase na prioridade da Deputación de Lugo de colaborar cos concellos, pero tamén demostran a boa xestión e a planificación do Concello de Foz, que traballa para avanzar na mellora das comunicacións”. Nese sentido, felicitou ó Alcalde e ó seu equipo de Goberno polo “extraordinario traballo que están facendo para mellorar a calidade de vida dos seus veciños e veciñas, e para dinamizar a vida social e económica do concello”.
Compromiso con Foz
Estas obras compleméntanse coas realizadas recentemente na estrada que une San Acisclo con Alfoz, a LU-P-0210, xa finalizadas e que serviron para a ampliación e mellora da vía cun investimento da Deputación de 110.000€.
No conxunto do mandato, a institución provincial achegou a Foz un total de 3,5€, “unha proba clara do compromiso que ten a Deputación de Lugo co Concello de Foz e cos seus veciños e veciñas”, manifestou o Presidente. Un compromiso con Foz “que tamén se produce co resto de concellos da provincia, porque a prioridade da Deputación de Lugo é esa: colaborar cos Concellos. Como xa temos acuñado, a Deputación de Lugo é o Concello dos concellos. Un concello grande que colabora cos concellos da provincia para que poidan ofrecer máis e mellores servizos públicos á cidadanía”, incidiu José Tomé.



























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



