Foz, 17 de febreiro de 2023. A asociación O Noso Foz e o Concello de Foz anuncian unha modificación nos premios programados para a categoría de grupos adultos. A gran afluencia dos mesmos levou a reformular a categoría ampliando a dotación destes, quedando como segue: 1º premio, 700 euros; 2º premio, 500 euros; 3º premio, 400 euros; 4º premio, 350 euros; 5º premio, 300 euros; 6º premio, 200 euros; e 7º premio, 100 euros. Tamén se inclúe unha nova categoría ao coche mellor engalanado de grupos que terá unha dotación de 250 euros.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “a participación no desfile sigue crecendo. O seu percorrido, que será coma todos os anos pero rematará na confluencia das rúas Irmandiños e Concello de Cervo, espérase con importante afluencia de público. Para que se desenvolva correctamente pídese aos participantes que ao finalizar desexen ir ao porto que se desvíen cara á dereita (rúa Alfonso X O Sabio) e os que queiran acudir á chocolatada, cara á esquerda (rúa Concello de Cervo para poder acceder á praza de Galicia pola rúa Carlos Maside). O graderío do porto conta con máis do 95% das localidades vendidas, polo que o sábado sacaranse á venda as localidades restantes en horario de 12 a 14 horas e, se restara algunha, de 15.30 horas ata o comezo do desfile”.
Inés López engade que “o coñecido como Fozódromo contará como animadores, ademais dos protagonistas do desfile, a Juan Varela e Isi, que farán as presentacións dos participantes. Coma o ano pasado, a emisión tamén poderá seguirse en streaming dende a páxina de youtube do Concello de Foz”.
Dende a organización piden o acceso aos asentos da bancada “antes da hora do comezo do desfile, para que a saída sexa puntual”, indica o presidente de O Noso Foz, Ángel Fernández Neira.
A Delegación de Cultura agradece a todos os participantes que ao chegar “se acheguen á caseta da organización para avisar da súa chegada ao recinto portuario. Ademais este ano contamos con servizos no recinto a disposición dos participantes”.
O alcalde Foz, Fran Cajoto, deséxalles a veciñas, veciños e visitantes “que desfruten do Entroido e participen nos eventos que se organizan facendo a Foz un lugar para gozar do Carnaval da mellor maneira”.






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



