Foz, 17 de febreiro de 2023. O Concello de Foz continúa coa mellora de distintas rúas do casco urbano con cargo a fondos do Plan Único 2022. Esta semana renovouse o firme cunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente do Camiño Real a Llas, o vial que conecta o cámping de Llas coa zona das Torres. Esta actuación, orzamentada en máis de 47.000 euros, contempla, ademais da renovación de firme, o remate da beirarrúa na zona máis próxima ás Torres e a creación dunha senda peonil con separadores de calzada, actuacións que se executarán nas vindeiras semanas. Outra vía na que se dispuxo unha nova capa de rodadura é a rúa Pena Parda, en Marzán. Cun orzamento de máis de 19.000 euros, actuouse nunha zona moi poboada cun firme moi deteriorado, no tramo comprendido entre a fonte de Sieiro e o cruce con Avenida de Viveiro. Anunciouno o alcalde, Fran Cajoto.
O rexedor municipal engadiu que “outra actuación do equipo de estendido foi o fresado e aglomerado do carril dereito de entrada a Foz da Avenida de Viveiro, entre o pavillón de Marzán e a rúa Pena Parda, que presentaba un grave deterioro. Esta actuación, pendente da sinalización horizontal, orzamentouse en algo máis de 10.600 euros. Tamén se renovou o firme no cruce entre Mariñeiro Chila e Concello de Sarria con case 8.000 euros”.
O alcalde pide desculpas polas molestias causadas polas obras, que aínda non están rematadas. “Está pendente a sinalización vertical e o pintado, ademais de outras actuacións. Tamén estivemos traballando na travesía que une a Avenida de Breogán con Ollo do Mar, que é unicamente de acceso a residentes e que se pavimentará con formigón impreso. Outras accións que se executarán proximamente dentro deste contrato son a limpeza e pavimentación dun calexón en Curros Enríquez e a mellora de firme na rúa de Redondo e no Cainzal, en Vilaxoane. Continuamos traballando”.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



