Luís Bará afirma que o PP só constrúe auditorios nos concellos gobernados polo PP e reclama un fondo para financiar obras de construción e mellora mediante concorrencia competitiva
Santiago de Compostela, 23 de febreiro, 2023. O portavoz de Infraestruturas, Luís Bará acusou ao PP de utilizar fondos públicos nos concellos que goberna con fins partidistas” e discriminar ao resto na financiación de auditorios, e equipamentos culturais.
Para o deputado do BNG, este proceder semella unha maneira de gobernar “medieval” e unha utilización da Xunta para intereses do Partido popular e enunciou que o BNG seguirá denunciando estas irregularidades nos concellos, no Parlamento galego e ante a “Valedora do pobo”.
Na súa intervención, o nacionalista explicou que a Xunta asumiu o financiamento da construción de auditorios nas cidades galegas e no caso de concellos de menos de 50.000 habitantes, a través de cofinanciación mediante convenios de colaboración.
Nos últimos 5 anos a Xunta asinou varios convenios con concellos para a construción de auditorios municipais, entre os que destacou, Marín, Ribeira ou Begonte, sen embargo, mentres financiaba equipamentos culturais en concellos gobernados polo Partido popular, a Xunta, “ denegaba axudas para o mesmo tipo de infraestruturas demandadas polos concellos de: A Guarda, O Grove, Bueu ou Baralla”.
Para o deputado nacionalista, urxe acabar con estas prácticas “discriminatorias e caciquís,” que constatan “unha concepción medieval e predemocrática das institucións” utilizando fondos públicos con fins partidistas.
Tras a resposta da directora Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas Díaz que xustificou as obras públicas nos diferentes concellos, o deputado do BNG recriminou á membro do goberno non rebater ningunha das acusacións formuladas e afeou a Rivas Díaz cinguirse á colaboración cos concellos ao que replicou, “só cos gobernados polo Partido popular” porque a “Xunta actúa como Xunta do Partido popular” transferindo fondos de maneira “arbitraria e partidista”.
O nacionalista lembrou que o día 21 de febreiro, hai un mes, en Lariño nunha visita de Alfonso Rueda tras destacar a súa relación co candidato popular en CEE, e afirmando que todo o “que pida para CEE teno concedido”, a frase confirma que CEE tiña as portas pechadas pero se agora o concello cambia de alcalde e “si votan a este señor que é amigo meu, o que faga falta”.
Esta maneira de actuar, recalcou Bará , corresponde a “un proceder feudal e patrimonial do uso do público”. Ademais, insistiu en que o PP mente en sede parlamentaria como fixo recentemente a conselleira ao afirmar que os proxectos eran produto das demandas dos propios concellos, porque iso, dixo, “é falso” e puxo como exemplo o caso de Ribeira cun proxecto financiado pola Xunta mediante un convenio no ano 2019 como vostede mesma recoñeceu hoxe nesta comisión.
Por outra parte, engadiu que concellos como Marín ou Ribeira son financiados pola súa poboación concorrendo a fondos europeos EDUSI complementando esta financiación coa Xunta, no caso de Ribeira con tres convenios, dous coa Consellería de Medioambiente e Marín con 2 millóns de euros paralizados durante os anos 2020 e 2021 porque non se iniciaron as obras.
O 27 de febreiro do 2021, a dirección xeral da que vostede é titular transmitiu ao alcalde de Bueu que non había fondos sen embargo, no mes de xuño do mesmo ano a Xunta comprometeu financiación para construír o auditorio de Baamonde en Begonte, e dicir, “non teñen fondos para algúns concellos pero tres meses despois, hai cartos para outros”, criticou.
Co concello de A Guarda todo foi diferente, no 2016 prodúcese unha reunión coa conselleira para pedir a construción dun auditorio e o concello aínda continúa agardando pola resposta. No mesmo ano, o concello de O Grove tamén solicitou a colaboración da Xunta e finalmente tivo que recorrer á Deputación de Pontevedra porque a “Xunta pechoulle a porta aos veciños de: A Guarda, Bueu, Moaña, O Grove, Trabada”. O goberno considera que nestes concellos se o PP non goberna “non teñen ningún dereito”.
O BNG propón blindar os fondos públicos para non incorrer en abuso
Finalmente, o deputado do BNG sinalou que para cambiar “estas prácticas discriminatorias” dende o BNG, “farémolo por lei” para que os fondos públicos non dependan dun uso partidista e un reparto como o que está a facer o PP. Blindaremos os fondos públicos para impedir o “abuso e discriminación” dos concellos para que non sexan sempre beneficiados os mesmos en función da forza que goberne na Xunta, concluíu.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.



