Ribadeo, 24 de febreiro de 2023. O Concello de Ribadeo acondicionará o acceso ao campo da festa das Anzas, na parroquia de Covelas, para o fin común de mellora dos equipamentos municipais no medio rural. O orzamento total ascende a 10.820,91euros.
Desde o goberno sinalan que este tipo de infraestruturas rurais xeran dalgún xeito cohesión social e territorial, mellorando as condicións de vida e traballo dos seus habitantes e contribuíndo, deste xeito, a frear o seu despoboamento. En particular, o campo da festa é unha desas infraestruturas que tradicionalmente se reserva nas aldeas para desenvolver nelas as festividades propias do lugar, ademais de servir de espazo para distintos usos o resto do ano. Constitúe así un punto de encontro e un foro de socialización de primeira orde no rural.
O concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil, explicou que “a Asociación de Veciños das Anzas dirixiuse ao Concello xa fai un tempo para demandarnos a mellora deste acceso ao campo da festa das Anzas, porque debido á súa elevada pendente, facíase complicada a entrada e saída de vehículos. Os técnicos municipais redactaron daquela un proxecto no que se contempla a pavimentación con formigón de 15 cm. de espesor sobre una capa de 20 cm. de zahorra artificial dos dous accesos que dan entrada ao campo da festa e tamén a colocación dunha varanda de madeira na parte superior, paralela á estrada, para salvar o desnivel entre a pista e o acceso. Estas melloras están valoradas en case 11.000 euros”.
O edil ribadense indicou que “levamos desde o goberno de Ribadeo nestes últimos anos facendo un importante esforzo para mellorar infraestruturas públicas nas nosas parroquias, tanto camiños como outras, como poden ser os campos da festa, nalgúns casos con fondos propios do Concello, noutros casos, como neste, coa colaboración da Deputación de Lugo. Agora, a través deste convenio económico extraordinario coa Área de Medio Rural da Deputación será posible levar a cabo esta actuación tan demandada pola veciñanza das Anzas que temos previsto executar nas vindeiras semanas”.
Ata a zona se desprazaron o concelleiro de Economía, Pablo Vizoso, e o concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



