O sábado 11 de marzo ofrecerá unha vintena de propostas que inclúen un mercado, tren turístico, gastronomía, música, teatro, poesía e cine, entre outras actividades
Lugo, 27 de febreiro de 2023. A Xunta de Galicia impulsa a posta en marcha do festival Mil primaveras, unha proposta arredor do universo creativo e o escenario vital do escritor Álvaro Cunqueiro, que se celebrará o sábado 11 de marzo en Mondoñedo. Trátase, ademais, dunha das 14 iniciativas subvencionadas pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades a través do programa Territorio Cultura para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas.
A presentación tivo lugar hoxe na Delegación Territorial de Lugo e contou coa participación do delegado territorial, Javier Arias; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil; a xefa do Servizo de Coordinación Cultural de Lugo, Ana Mel; o concelleiro de Cultura de Mondoñedo, Alberto García; e Irene Sineiro e Xosé Aldea en representación de Ouvirmos.
A través do fondo Territorio Cultura, a Xunta destinará preto de 1,3 millóns de euros entre os anos 2022 e 2023 para a dinamización cultural do rural galego. Entre as entidades subvencionadas figura a empresa Ouvirmos, especializada na creación de produtos innovadores en materia cultural, que obtivo 50.000 euros para a organización deste evento.
Os representantes da Xunta subliñaron a orixinalidade e a variedade de actos propostos, así como a participación de numerosos creadores galegos difundindo o seu traballo e a implicación da veciñanza e as asociacións locais.
O programa recolle máis dunha vintena de actividades, que inclúen gastronomía, música, teatro, cine ou poesía e rematarán cun concerto de Amancio Prada cantando a Cunqueiro na Catedral. Desde as 11,00 h. haberá un mercado na praza da Catedral, onde tamén terá saída o “tren fantástico” que percorrerá a vila e será gratuíto para as persoas que acudan caracterizadas dalgún dos personaxes do autor.
Ao respecto, os organizadores invitan a asistir caracterizado de calquera elemento que forme parte da narrativa do escritor para converter a cita nun auténtico festival de “fantasía cunqueiriana”. Ademais, un grupo de veciños e veciñas percorrerán as rúas caracterizados como personaxes singulares da historia de Mondoñedo.
Paralelamente, durante o mes de marzo haberá varios talleres formativos en Mondoñedo e Abadín; Antía Yáñez dirixirá a escola de escritura, Paloma Lugilde a escola de teatro, e Xaime Miranda a escola do audiovisual.
O 17 de marzo, o salón de actos do Casa Consistorial de Abadín acollerá a sesión motivacional “Sementeira”, sobre novos formatos culturais para alumnado de 16 a 18 anos, e o auditorio de Mondoñedo a proxección de Valentina, de Chelo Loureiro, que obtivo o Goya á mellor película de animación no ano 2021.
O día 11, no marco da xornada principal do festival, proxectarase na Casa museo Alvaro Cunqueiro de Mondoñedo The Monkey, de Xosé Zapata, Goya ao mellor curtametraxe de animación 2022.
Galicia foi a primeira Comunidade autónoma en poñer en marcha o programa Territorio Cultura a través da súa propia liña de subvencións dentro do plan para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas que contempla o Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia dos Fondos Next Generation EU. Nestes momentos, atópase en prazo de resolución a segunda quenda de adxudicacións ao abeiro desta iniciativa e de acordo coas bases que foron publicadas a finais de novembro.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



