O candidato asegura que “revitalizar o concello, dinamizar o noso rural e desenvolver medidas que axuden a asentar poboación será a columna vertebral do noso programa electoral para facer de Cospeito o corazón da Terra Chá”
Lugo, 2 de marzo de 2023. Daniel Irimia, investigador, escritor e poeta, será o candidato do PSdG á alcaldía de Cospeito nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. O candidato agradeceu “a confianza depositada en min por parte da Agrupación Socialista de Cospeito, dos demais membros do partido e do Secretario Provincial do PSOE”.
Daniel Irimia asegurou que se abre unha nova etapa en Cospeito, que afronta, subliña, “con moita ilusión, con moitas ganas de traer e de facer cousas concretas no meu concello, de poñelo á altura dos municipios veciños en canto a infraestruturas básicas e de superar o estancamento e o abandono do actual goberno municipal”.
O Secretario Xeral dos socialistas na provincia, José Tomé Roca, sinalou que Daniel Irimia “é unha persoa moi preparada, que conta con experiencia na política local e que coñece moi ben o seu concello. Penso que é o mellor candidato que pode ter Cospeito, e que vai desenvolver un proxecto de progreso pensado na mellora da calidade de vida de todos os veciños e veciñas”.
Daniel Irimia explicou que “revitalizar Cospeito, dinamizar o noso rural e desenvolver políticas que axuden a asentar poboación será a columna vertebral do noso programa electoral para facer de Cospeito o corazón da Terra Chá”. Nese sentido, anunciou tamén que presentará unha candidatura “renovada, con xente preparada e, sobre todo, pegada ó pobo”.
Natural da parroquia de Momán, Daniel Irimia estudou bioloxía na Universidade de Santiago e especializouse en xestión da biodiversidade na de Granada. O seu amor pola terra e a natureza marca tanto o seu traballo como investigador no departamento de Botánica do Campus de Lugo como a súa obra poética e literaria.
Pola súa experiencia persoal e profesional, compaxinando estudos e traballo, Irimia considera fundamental prestar atención ás necesidades da mocidade. “Non podemos contentarnos con dicir que a xuventude é o futuro. A xuventude é o presente, e temos que darlle resposta ós mais novos para que non teñan que marchar das súas vilas. A política é a arte de facer posible o necesario para a xente co fin de prosperar en común, e eu non vou aforrar esforzos”. “Sei moi ben de onde veño. Sei moi ben a onde quero ir. Nunca me regalaron nada na vida e todo o que conseguín foi por puro esforzo persoal, e coma min, a maioría dos da miña xeración; os que traballamos e estudamos ao mesmo tempo. Farei o que sexa necesario con tal de traer cousas para Cospeito e modernizalo”, recalcou.
























Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



