Burela, 7 de marzo de 2023. O Concello de Burela constituíu en xuño de 2021 a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero.
A concelleira Noelia Mª Ben indicou que “se trata dunha iniciativa que busca incrementar o grao e a calidade da coordinación entre todas as administracións públicas do Concello de cara á prevención e abordaxe da violencia de xénero, e contribuír así a optimizar a accesibilidade das mulleres afectadas aos recursos a través da coordinación dos servizos de atención do noso ámbito municipal, buscando que sexa unha ferramenta operativa que consiga unha maior eficiencia en todas as actuacións”.
A edil de Igualdade contou que “a tal fin, a dita mesa está integrada por profesionais de todos os ámbitos municipais e outros implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero, como a Subdelegación do Goberno de Lugo, Policía Local, Garda civil de Burela, representantes dos centros educativos do pobo, representantes do Centro de Saúde de Burela e do Hospital da Mariña, eu mesma como concelleira de Igualdade e persoal técnico do Centro de Información ás Mulleres, da Unidade Asistencial de Drogodependencias e de Servizos Sociais do Concello de Burela”.
Noelia Mª Ben dixo que “logo de 4 xuntanzas cabe resaltar o traballo desenvolvido ata este momento, destacando a formación dos/das profesionais que integran a mesa, a través dun plan de formación especializado en violencia de xénero, así como un avanzado estado de preparación do proxecto do Protocolo Burela tecendo rede contra as violencias machistas”.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



