Foz, 9 de marzo de 2023. Rematadas as novas canalizacións de saneamento de pluviais e fecais, telecomunicacións, subministro eléctrico e abastecemento de auga, os veciños da rúa Curros Enríquez xa dispoñen de acceso aos seus garaxes. Anunciouno hoxe o alcalde, Fran Cajoto, que explica: “estamos a facer unha obra completa, con renovación de todos os servizos. Iso implica a apertura de zanxas e maiores incomodidades durante a execución das obras, pero tamén asegura que a rúa non teña problemas no futuro e dure no tempo”.
O rexedor municipal contrapón esta forma de proceder, que tamén se aplicou na rúa Costa do Castro, ao acontecido en obras do goberno anterior como a avenida da Mariña, “na que nin tan sequera se renovou o abastecemento -con tubaxes de chumbo- e na que o formigón do firme está completamente escachado a pesar do recente da actuación”.
Fran Cajoto informa que durante a construción das novas beirarrúas en Curros Enríquez faranse cortes puntuais aos garaxes. As novas beirarrúas contarán cun mínimo de 2 metros de ancho en todo o eixo entre a Glorieta de Vilalba e o Campo da Cabana e “transformarán unha rúa inaccesible nunha avenida cómoda, segura, co tráfico calmado e que se transformará na mellor conexión peonil entre o casco urbano e a Rapadoira. Quizais a mellor rúa de Foz”.
O goberno municipal contempla a reserva de zonas de verdes de estacionamento só para residentes no entorno máis próximo da Praza de Galicia para facilitar a parada de vehículos, especialmente a aqueles veciños que non contan con garaxe. Neste sentido, o alcalde recorda que “as portas do Concello están sempre abertas para todo aquel que precise dunha maior información. Puiden atender persoalmente a unha comunidade de propietarios e a dous veciños particulares en relación coas acometidas das vivendas á rede de saneamento. A nosa intención é resolver os problemas que poidan xurdir da forma máis áxil posible para que a obra sexa completa e resolva os problemas que existen actualmente. Pedimos desculpas polas molestias causadas, seguimos traballando”.























A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



