Faranse visitas guiadas, xornadas coa mocidade, traballos cos escolares e tamén se preparará a vila para o propio 17 de maio, cando en Vilanova haberá unha exposición, ademais de contar con música para este día, no que a Real Academia Galega celebrará o seu plenario na localidade
Lugo, 16 de marzo de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este xoves coa Alcadesa de Lourenzá, Rocío López García, un acordo de colaboración a través do que a institución provincial destina ao Concello 60.000€ para o financiamento da programación de actos do Ano de Francisco Fernández del Riego. A institución provincial coopera así coa organización dunha ampla serie de iniciativas para dar a coñecer e poñer en valor a vida e obra do tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor laurentino homenaxeado neste 2023 polas Letras Galegas.
As accións desenvolveranse ao longo de todo ano, con especial atención no propio Día das Letras Galegas 2023, o 17 de maio. O Presidente enmarcou esta colaboración na boa relación que se mantén dende a Deputación con Lourenzá, e puxo de manifesto a idoneidade de homeneaxear a Del Riego este ano, de quen resaltou o seu compromiso “coa política, a cultura e a literatura”.
A Alcaldesa evidenciou o pulo que esta axuda provincial suporá á hora de organizar o calendario de accións, pois “este ano é moi importante para Lourenzá porque seremos o epicentro de case todas as actividades que se organicen. Para nós é moi significativo que un laurentino sexa homenaxeado por fin como se merece”. “Vai ser, non só un día, senón todo un ano de festividade para toda Galicia porque foi unha persoa que, sen dúbida ningunha, fixo un labor importante a prol da cultura e da lingua galegas, e se hoxe temos unha lingua recoñecida é, en parte, grazas a figuras como Fernández Del Riego”.
Entre as actividades que se van desenvolver destacan as visitas guiadas por Vilanova, que estarán dirixidas a todos os colectivos interesados en coñecer máis de preto a figura de Del Riego a través dunha mostra temporal de xogos e xoguetes da súa nenez, vídeos e unha exposición. Haberá tamén traballos e iniciativas cos escolares do colexio para que afonden na súa biografía dun xeito diferente.
Está prevista así mesmo unha xornada dedicada á xuventude contando coa participación do tecido asociativo laurentino. O ilustre galeguista sempre estivo moi vencellado coa xente nova e o deporte, sendo un gran amante do fútbol.
A maiores destas actividades, a Universidade de Santiago organizará un curso de verán sobre a figura de Del Riego na localidade con conferencias e mesas redondas con autoridades académicas de recoñecido prestixio.
Día das Letras Galegas
O 17 de maio, Día das Letras Galegas, farase o acto central en Lourenzá. Celebrarase o Plenario da Real Academia Galega (RAG) no municipio, con toda a repercusión social e mediática que este importante evento suporá para a localidade mariñá. Ese día as rúas e prazas de Vilanova vanse engalanar con murais e paneis sobre a vida e obra de Del Riego, ademais de contar con diferentes actuacións de música galega pola rúa e nos actos centrais.
Francisco Fernández del Riego
Francisco Fernández del Riego naceu en Vilanova de Lourenzá no ano 1913. Converteuse nunha das personalidades de referencia na historia do galeguismo. A súa vinculación con Lourenzá vai máis alá de nacer alí e de pasar a súa infancia en Vilanova, pois durante toda a súa vida mantivo unha relación constante con este municipio.
No ano 1930 escribiu no semanario Vallibria, editado en Mondoñedo, un artigo no que rememorou as festas da súa vila natal. Un ano máis tarde, pronuncia o seu primeiro acto galeguista o 25 de xullo dende o balcón da Casa do Concello de Lourenzá, sendo este acto o berce da celebración do Día de Galicia.
Durante a represión franquista Del Riego emprega varios pseudónimos, pero destaca por riba de todos Salvador de Lorenzana, onde amosa o apego que ten pola súa terra natal e o mosteiro de Vilanova. Así mesmo, Del Riego colaborou desinteresadamente en cantas peticións se realizaron dende o Concello de Lourenzá como dende o mundo asociativo, destacando as súas achegas literarias nas festas patronais, nos programas de radio e televisión, así como sendo o pregoeiro da Festa da Faba e das patronais. Tamén achegou á biblioteca municipal un amplo catálogo de libros e documentos, tendo hoxe en día esa biblioteca unha sala dedicada á súa persoa.
Del Riego foi nomeado Fillo Predilecto de Lourenzá no ano 2000, conta cunha rúa e un busto na vila, ademais dun roteiro literario dedicado á súa persoa, que inclúe parada na súa casa natal.
























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



