A formación nacionalista tamén esixirá á Xunta de Galicia que amplíe as axudas relacionadas cos danos do lobo
Lugo, 27 de marzo de 2023. O BNG defenderá no pleno provincial deste martes 28 de marzo iniciativas de apoio á pesca e á gandeiría.
A formación nacionalista presentará unha moción na que esixe ao goberno do Estado a retirada inmediata dos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM), cos que pretenden instalar en Galiza o 43 por cento da eólica mariña prevista para todo o Estado a costa da actividade pesqueira e dos ecosistemas mariños.
O BNG apela aos grupos provinciais de PSdG e PpdG, sinalando que “a nosa obriga é defender a pesca, un sector do que viven, directa ou indirectamente, moitos dos nosos veciños e veciñas, e non podemos permitir que as eléctricas fagan caixas cos nosos recursos naturais deixando sen medio de vida á xente do mar”, explicou o voceiro nacionalista Efrén Castro.
“No BNG insistimos na necesidade de implantar enerxías renovábeis e avanzar cara unha economía libre de carbono, pero este tránsito non se pode facer a costa de arrasar cun sector pesqueiro cun peso moi relevante na economía da comarca da Mariña, especialmente en concellos como Burela ou Viveiro”, engadiu.
A moción pide a populares e socialistas volver ao consenso acadado no Parlamento galego en 2009 para deixa Galicia libre de eólica mariña e preservar o sector pesqueiro.
Axudas para de prevención e indemnización polos danos do lobo
O BNG tamén reclamará á Xunta de Galicia, a través doutra moción, que amplíe a partida destinada ás axudas destinadas a medidas de prevención e indemnización por danos do lobo ao gando ata os 4,3 millóns de euros.A deputada nacionalista e responsable de Medio Rural Mónica Freire explicou que “esa é a contía de fondos estatais que correspondería a Galiza en función da Estratexia do Lobo e que o goberno galego non solicitou para manter un enfrontamento partidista co goberno do Estado que penaliza a gandeiros e gandeiras”.
Nese sentido, lembrou “incluso outros gobernos autonómicos do Partido Popular, que manteñen tamén posicionamentos contrarios aos do Ministerio de Transición Ecolóxica, solicitaron eses fondos para medidas de prevención e indemnizacións”.
Ademais dese incremento na contía total, a moción insta a Xunta de Galicia a adaptar a orde de axudas as necesidades reais das gandeirías, actualizando os prezos de valoración das indemnizacións que seguen a ser os de 2016 ou das axudas á construción de peches fixos e outras medidas preventivas.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



