Barreiros, 30 de marzo de 2023. O Concello de Barreiros, a través do obradoiro de emprego que está a levar a cabo xunto co Concello de Ribadeo, inicia a campaña de recollida de libros usados cos que se dotarán as dúas bibliotecas rurais en cuxa posta en marcha xa traballan. A campaña promociónase baixo os lemas “NON DEIXES MORRER OS TEUS LIBROS. Dalles unha segunda vida. Dónaos!”
Os libros poderán ser entregados no espazo habilitado nas oficinas municipais ou ben na biblioteca municipal no seu horario de apertura e deberán estar en boas condicións de conservación, non atoparse rotos, sucios, danados ou con anotacións. Tamén se recollerán documentos audiovisuais en formatos CD ou DVD.
O prazo para facer estas doazóns rematará o 31 de xullo, xa que con posterioridade á doazón, o material debe ser catalogado polo persoal do obradoiro, xunto ás novas adquisicións que se realizarán para pasar a formar parte das bibliotecas rurais.
Estas bibliotecas ubicaranse en Vilamartín Grande e San Xusto, tras o período aberto para que as asociación amosaran o seu interese en acoller a iniciativa e en colaborar no seu desenvolvemento posterior.
Un proxecto de dinamización do rural e animación á lectura
A iniciativa levada a cabo desde o Concello de Barreiros a través do Obradoiro de Emprego “Vilas Coidadoras” consiste nun novo proxecto de dinamización e promoción da lectura a través da creación ou adaptación de dous espazos públicos nos que a veciñanza poida desfrutar da lectura de forma activa, individual e/ou colectivamente; para o que tamén se programarán actividades relacionadas con ese obxectivo.
Ao abeiro desta iniciativa acondicionaranse espazos nos dous locais municipais existentes en Vilamartín Grande e San Xusto, nos que as asociacións locais mostraron a súa disposición, para dotalos dunha pequena biblioteca e do material necesario para poder levar a cabo actividades e proxectos relacionados coa lectura.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



