Ribadeo, 30 de marzo de 2023. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos celebrou no dia de onte a súa asemblea xeral ordinaria, na que se deu conta do traballo realizado no pasado ano e dos principais proxectos para este 2023.
Segundo explicou o xerente de Acisa, Jesús Perez, “onte aprobouse a conta xeral de ingresos e gastos de 2022. O exercicio pasado pechouse cun saldo positivo de algo mais de 1.000 euros, algo de demostra a boa xestión que dende Acisa Ribadeo facemos dos nosos recursos económicos, xa que gastamos solo o que ingresamos, a pesar das múltiples actividades que temos, e mantemos as contas en números positivos. Pechamos as contas con 122.895,56 euros de gasto, dos que máis de 50.000 euros foron destinados a preto de 20 campañas propias, 10.000 euros para colaboracións con 12 eventos doutras entidades, preto de 5.000 euros en vales de compra e o resto en gastos fixos. Do mesmo xeito presentamos uns ingresos por 114.220,34 euros dos que algo mas de 40.000 euros proceden das coutas dos asociados e asociadas e patrocinadores privados, 16.000 do convenio anual do Concello de Ribadeo, 11.000 da Deputación de Lugo e 43.000 euros da Xunta de Galicia”
Pérez Prada engadiu: “tamén se deu visto bo por unanimidade ao presuposto para 2023, que ascende a algo máis de 122.000 euros”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo que “para o presuposto deste ano houbo algúns cambios, xa que quixemos aumentar a partida presupostaría para facer as nosas propias campañas, e para iso creamos uns varemos para establecer as colaboracións con outras entidades”.
Desde a presidencia e a xerencia de Acisa lembran que todos as socias e socios poden consultar as contas con todo detalle nas oficinas da asociación.
Segundo indicou Carmen Cruzado “na xuntanza tamén se repasaron as actividades realizadas ao longo de 2022 e se analizaron as posibles a levar adiante durante este 2023. Demos conta das axudas xa tramitadas por Acisa para este ano e das colaboracións previstas nos presupostos”.
E engadiu: “o 2022 pechouse para Acisa con 144 socios. Agardarmos seguir medrando nos vindeiros meses. Insistimos sempre en que cantos máis sexamos, máis posibilidades temos de facer máis campañas e de conseguir máis cousas para as nosas asociadas e asociados. Estamos agora cunha campaña de captación de socias e socios porta a porta, que está dando os seus froitos pouco a pouco. Calquera empresa ou autónomo que desexe formar parte da nosa asociación o único que ten que facer é poñerse en contacto con nós na nosa oficina, onde os informaremos de todos os servizos que prestamos, dos convenios con condicións vantaxosas que temos asinado con diferentes empresas e entidades bancarias, así como das actividades feitas ou previstas para os vindeiros meses”.
Todos os asuntos sometidos a votación na asemblea xeral ordinaria de Acisa Ribadeo, celebrada onte no Teatro, foron aprobados por unanimidade.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



